xoves, 22 de marzo de 2018

VENRES DE CONTO

EL CASCABEL DE LA GATA


Aquí tedes o vídeo da divertida representación que fixeron as alumnas de 6ºA e 6ºB do conto "Ricitos de oro".
Esta peculiar versión é do libro do escritor Roald Dahl, "Contos en verso para nenos perversos"

Moitas grazas a Ainhoa, Alejandra, Elena, Saray e Irene.

PARABÉNS ARTISTAS!!!

E VOS, GOZADE DO ESPECTÁCULO!!!



mércores, 21 de marzo de 2018

HOXE É O DÍA DA POESÍA

Xa que hoxe tamén é o día da Poesía, que vos parece se imos coñecendo algúns versos da nosa autora das Letras Galegas, María Victoría Moreno.

Resultado de imaxes para tres gatos



No armario máis pequeno
teño tres gatos,
un canciño de seda
e dez lagartos.
   Dormen de día
   e polas noites traman
   mil ousadías.

Eu conto, ti cantas....
                                                  María Victoria Moreno.


Resultado de imaxes para un perro de seda
Resultado de imaxes para imagen con diez lagartos

luns, 19 de marzo de 2018

RECOMENDACIÓNS DE HERCULINO




Ola nenossss e nenassssss!!!!

Que tal vos foi coa adiviña? Xa sabedes cal é o animal que ten as cinco vogais? Seguro que si porque sodes moi listos.

TACHAN, TACHAN, A RESPOSTA É :

MURCIÉLAGO

Esta semana estiven lendo un conto que me gustou moito, moito, moito. Queredes saber cal é, non si?

Aquí o tedes:


Resultado de imaxes para hombre de color cuento



Gustoume moito porque eu non sabía que tiña tantas cores.

Aquí vos deixo outra adiviña:

Quen pensaredes que son eu,que canto máis e máis lavo,moito máis sucia estou?


Bicos herculinos, sempre co nariz....

mércores, 14 de marzo de 2018

UNHA CANCIÓN CON PICTOS SOBRE A HORTA



COMO XA SABEDES, ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS, OS CATIVOS E CATIVAS ESTIVERON A PLANTAR NAS MACETAS REPARTIDAS POLO PATIO DO COLEXIO E, POR ISO, DESDE HAI UN TEMPO ESTÁ A SOAR NA MEGAFONÍA UN TEMAZO DE MARÍA FUMAÇA TITULADO A HORTA DE BALBINA. AGORA VOLVÉMOLA PUBLICAR PERO, DESTA VOLTA, ACOMPAÑADA DE PICTOGRAMAS PARA QUE POIDADES SEGUIR A LETRA. AÍ VAN. PREMEDE NA IMAXE.

luns, 12 de marzo de 2018

RECOMENDACIÓNS DE HERCULINO







Ola a todossssss, nenassssss e nenosssss: 

Espero que non me botásedes moito de menos. Estiven a facer unha longa viaxe para ler contos a nenos e nenas que non teñen unha biblioteca como vós.

Pero xa estou de volta e todos os martes verémonos, pois me gustaría recomendarvos libros da nosa biblioteca e fosedes buscalos para que os leades.

Que vos parece a idea?

Hoxe vou a recomendarvos este conto que a min me gustou moito:


 ¿Las princesas usan botas de montaña?





Neste conto a protagonista é unha nena enérxica, moderna e chea de vida que ten moitas preguntas que facer á súa nai.

E tamén vossss deixo unha adiviña a ver se sodes quen de adiviñala:


Que animal ten as cinco vogais?


Bicos herculinos, sempre co nariz.


mércores, 7 de marzo de 2018

UNHA CANCIÓN SOBRE O CICLO DA AUGA



O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA ANDA A TRABALLAR O CICLO DA AUGA E A CANCIÓN QUE ESTÁN A APRENDER TITÚLASE A GOTA MARIÑA DO GRUPO PIRILAMPO. UN TEMAZO MOI DIDÁCTICO!

luns, 5 de marzo de 2018

RECOMENDAMOS







O pai de Laura abriu o libro secreto das princesas e contoulle á súa filla algo que ninguén sabía... Descubre ese segredo que a xente descoñece.