domingo, 23 de decembro de 2018

CONTACONTOS NAS ESCOLAS INFANTÍS DO BARRIO


Chegou o Nadal e, desde a nosa Biblioteca Escolar Solidaria, preparamos unha actividade para achegar aos máis pequenos e pequenas ao marabilloso mundo dos libros. Adaptamos ao galego o conto Dear Santa de Rod Campbell e Karina e Xiao de 6º de EP prepararon unha sinxela interpretación para levala de xira polas escolas infantís da zona.
Visitamos a EIM Agra do Orzán e a EI O Ventorrillo (por certo, grazas por acollernos) e a función foi un éxito de público e crítica.
Esta converteuse na primeira doutras visitas que, ao longo do curso, brindaremos a algunhas institucións do barrio.

xoves, 20 de decembro de 2018

BO NADAL



Escoitade ben!!! Quero que pasedes unha festas marabillosas; que descansedes, xoguedes e que leades moitos contos fermosos.
Xa vos contarei que agasallos me trouxo o Apalpador ou os Reis Magos, que eu teño de todo. 
Espero que non me pase como o nadal anterior que de tantos doces que comín, estiven un día enteiro na cama sen poder moverme.

Quero desexarvos un Bo Nadal en todas estas linguas e tamén deixarvos esta panxoliña...




        BO NADAL

                                    FELICES FIESTAS

DEWÉNATI

أعيادا سعيدة

BONES FESTES


                                MERRY CHRISTMAS

HOLIDAYAASHA DHEXDIISA

                                              SARBATORI FERICITE





mércores, 19 de decembro de 2018

PANXOLIÑAS III: POLO NADAL, TURRÓN E MAZAPÁN



E AQUÍ VAI OUTRA PANXOLIÑA. SE VOS FIXADES NO VÍDEO, É UN LID UP INTERPRETADO POLA XENTE DA EEI NOSA SEÑORA DO CARME DE MARÍN (PONTEVEDRA). SE A QUEREDES CANTAR CON PICTOGRMAS, EMBAIXO TENDES A LIGAZÓN. BOAS FESTAS!


domingo, 16 de decembro de 2018

O APALPADOR


Ola amiguiñas e amiguiños, chegan unhas datas moi fermosas para todos e todas nós, o Nadal. Eu xa estou decorando a miña casa e preparando os doces para cando veñan a pasar estas festas as gnomas e os gnomos do bosque.
Cada ano o celebramos nunha casa, este tócame a min e estou moi emocionado.
Sempre contamos este conto e esperamos con ilusión os agasallos.
Espero que vos guste tanto como a min.
Moitos bicos herculinos. Sempre co narisssssss!!!!!


O APALPADOR




xoves, 13 de decembro de 2018

VENRES DE CONTO








Ola amiguiñas e amiguiños: hoxe vos deixo un conto sobre un rato moi viaxeiro, e non conto máis que logo todo se  sabe....
Vémonos a vindeira semana e contareivos todos os preparativos que estou argallando para as festas do Nadal.

Bicossss herculinossss!!!!




MARUXA








mércores, 12 de decembro de 2018

PANXOLIÑAS II: BUSCANDO UNHA ESTRELA



CHEGAN ESTAS DATAS E, COMO EN TODAS, APETECE CANTAR, NON SI? POIS XA SABEDES QUE AS CANCIÓNS TÍPICAS DO NADAL EN GALÍCIA CHÁMANSE PANXOLIÑAS. NESTAS DÚAS SEMANAS QUE QUEDAN DE CLASE IMOS VER DÚAS. A PRIMEIRA CÁNTAA TINO BAZ E TITÚLASE BUSCANDO UNHA ESTRELA. PREME NA FOTO DE EMBAIXO PARA VÉRDELA EN PICTOGRAMAS E CANTALA MÁIS FACILMENTE.
 A CANCIÓN EN PICTOS

venres, 7 de decembro de 2018

RECOMENDAMOS: O APALPADOR

 Ver o conto en ISsUU
Imaxe: captura de Issuu.

Ola a todos e a todas:
Xa que imos cara o Nadal e eu teño unha amistade moi especial cun homiño que anda polos bosques de O Caurel, hoxe quérovos recomendar este conto, O Apalpador, de Xoán G. Se premedes enriba, colgueivos o conto co texto adaptado máis para vós, os nenos e nenas de Eduación Infantil. Se queredes o orixinal, premede na imaxe de embaixo.

Imaxe: captura de Calaméo.
E, claro, non todo vai ser ler, non si? Tamén sei que vos gusta, e moito, cantar. Pois aquí tendes a canción do gran Pablo Díaz do seu disco Toc Toc. Fixádevos que fermosa!


E para seguir mellor este temazo, aquí vos deixamos a canción en pictogramas.
Espero que vos guste moito a historia do meu amigo.
Bicos gnómicos. Sempre con nariz.
Herculino.

mércores, 5 de decembro de 2018

PANXOLIÑAS I: XA ME TARDAN ESTES MAGOS

XA ESTÁ AQUÍ O NADAL E IMOS COMEZAR CUNHA DIVERTIDA PANXOLIÑA. A MAMÁ CABRA ESTANLLE TARDANDO OS MAGOS DE ORIENTE E FÁNNOLO SABER NESTE TEMAZO.

xoves, 29 de novembro de 2018

VENRES DE CONTO


Ola amigas e amigos: aquí vos deixo un conto de Cocorico, Este galo tan simpático. Canto rimosssss Herculina e mais eu.

Xa está chegando o Nadal, e xa estou preparando a decoración da miña casa, hei mandarvos unha fotografía.

Bicos herculinos.





COCORICO. POLOS PELOS




luns, 26 de novembro de 2018

O NOSO 25N NO COLEXIO

Aínda que o noso desexo é non ter que revindicar máis este día, desde o colexio queremos dicir un NON, claro e contundente á violencia contra a muller.

Moitas grazas ás compañeiras e compañeiros de 5º e a súa titora por facernos partícipes para construir un mundo mellor e igualitario.

Aquí tedes a lembranza desta mañá...







VÍDEO


RECOMENDAMOS

Hoxe a compañeira Xiana e o compañeiro Gabriel, recomendan...




sábado, 24 de novembro de 2018

CONTOS CURTOS



Ola amigas e amigos; aquí tedes unha curta que a min gustoume moito. Ás veces conseguimos amigos e amigas onde menos sospeitamos.

Bicos herculinos!!!




THE BOX



xoves, 22 de novembro de 2018





Ola amigas e amigos:

Hoxe escollín este conto titulado "Chocolata" para vós. Menuda ocorrencia tivo esta hipopótama!!!

Espero que vos guste moito!!!

Bicos herculinossssssssss!




mércores, 21 de novembro de 2018

DEREITO A UNHA FAMILIA (PARTE II)



ONTE, QUE FOI 20 DE NOVEMBRO, CONMEMOROUSE O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA. NÓS, NO RAKONTO PEQUENO, QUIXEMOS DESTACAR UN DOS DEREITOS ESENCIAIS: O DEREITO A TER UNHA FAMILIA. POR ISO, PUBLICAREMOS UNHA CANCIÓN SOBRE UNHA TÍA. MAIS, PRIMEIRO, AÍ VAI UNHA SOBRE UNHA AVOA: MIÑA ABUELA MANUELA. TEMAZO DE MIGALLAS DO SEU ÁLBUM PAN DE MILLO.

luns, 19 de novembro de 2018

CONTOS CURTOS DE HERCULINO





Ola nenas e nenos:
O domingo pola tarde despois dun paseo polo bosque, e mentres tomaba a miña merenda de froitossssss do bosque, vin este corto animado que gustoume moito. Pois para min é moi importante solucionar os problemas falando e que me axudan as compañeiras e compañeiros cando teño algún atranco.
Espero que o gocedes.

Bicos herculinos.



THE BRIDGE






martes, 13 de novembro de 2018

CAMIÑO AO MAGOSTO: UNHA CANCIÓN



Iniciamos este mércores unha serie de entradas que nos levarán, a comezos de novembro, a celebrar o Magosto e o Samaín. Hoxe propoñémosvos unha canción, cremos, de Susa Herrera moi sinxela de cantar na aula: Castañas polo chan. Embaixo amosámosvos a letra. A bailar!
Aí vai unha, aí van dúas,
tres castañas polo chan!
Unha é miña,
outra é túa
e outra é daquel rapaz.
E aquí vola deixamos en pictogramas:
 

luns, 12 de novembro de 2018

CAMIÑO AO MAGOSTO: OUTRA CANCIÓN


ESTAMOS ACHEGÁNDONOS Á CELEBRACIÓN DA FESTA DAS CASTAÑAS. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN TEMA TRADICIONAL TITULADO MAGOSTO. INCLÚESE NUN LIBRO DISCO CHAMADO 13 LÚAS. ESTA É A SÚA LETRA.
SANTO QUE ESTÁS NO CANIZO
BOTA CASTAÑAS ABAIXO
NON AS BOTES PEQUENIñAS
NON AS BOTES PEQUENIñAS
QUEáSPEQUENASNONMEBAIXO
AILALALALALALALALALALALALA
***
TIÑA MARÍA NO PETO
CATRO CASTAÑAS ASADAS
VEU UN GATO AMARELO
VEU UN GATO AMARELO
E LARPOULLE A PAPARADA
AILALALALALALA...
***
PARA COMERES CASTAñAS
DEREITIÑAS DO CASTIRO
VAI AO MONTE E NON TE PERDAS
VAI AO MONTE E NON ESQUEZAS
QUE O QUE BUSCAS SON OURIZOS
AILALALALALALALALALAL
***
SOPRA O VENTO NA DEVESA
VÉNTE COMIGO NENIÑA
SE CASTAÑAS APAÑARES
SE CASTAÑAS APAÑARES
BOA FESTA CANTARÍAS
AILALALA...
***
BEN TE VIN NO CASTIÑEIRO
TIÑAS O CESTO CHEÍÑO
DE SORRISOS E SALAIOS
DE SORRISOS E SALAIOS
CEN CASTAÑAS EN DEGARO
AILALALALA...

xoves, 8 de novembro de 2018

VENRES DE CONTO












Ola amiguiñas e amiguiños hoxe vos deixo un conto que seguro que vos gusta moito, "O lobo feroz".

Xa sei que hoxe tedes a festa do Magosto, así que comede moitas castañas quentiñassssss e gozade da festa. A miña amiga Herculina e mais eu imos a asalas na nosa cheminea para que o seu recendo se espalle por todo o bosque. Asi, se algunha amiga ou amigo quere vir, o convidamos a comelas.

FELIZ MAGOSTO!!!

Bicos nómicos, sempre co naris!!!



O LOBO FEROZ




mércores, 7 de novembro de 2018

CAMIÑO AO MAGOSTO: OUTRA CANCIÓN



POR PROPOSTA DA MESTRA PATRICIA, ESTA SEMANA IMOS INTERPRETAR UNHA NOVA CANCIÓN PARA IR QUENTANDO MOTORES PARA O MAGOSTO. DESTA VOLTA, A PEZA ELIXIDA TITÚLASE A CANCIÓN DA CASTAÑA. ENRIBA AMOSAMOS COMO SERÍA O RITMO E A MELODÍA DA CANCIÓN PARA QUE A POIDADES CANTAR NA CASA E NO COLEXIO. DESCOÑECEMOS O SEU AUTOR OU AUTORA, MAIS A SÚA LETRA DI O SEGUINTE (SE A QUEREDES VER CON PICTOGRAMAS ARASAAC EN PDF, PREMEDE AQUÍ, NAS IMAXE DE EMBAIXO OU EN ISSUU).

 PREME NA IMAXE.
 PREME NA IMAXE.

mércores, 31 de outubro de 2018

CAMIÑO AO MAGOSTO: UNHA CANCIÓN



OUTRA NOVA ENTREGA DE RECURSOS PARA PREPARAR O MAGOSTO. DESTA VOLTA UNHA CANCIÓN BEN BONITA E CLÁSICA: NON CHAS QUERO. ENRIBA TENDES O VÍDEO CO KARAOKE INCLUÍDO. A COMER CASTAÑAS!

domingo, 28 de outubro de 2018

CONTOS CURTOS DO NOSO AMIGO HERCULINO





Olaaaaaaaaaa:
Empezamos unha semana moi emocionante e moi terrorífica. Estou seguro que hai un conto que vos gusta especialmente, a que adiviño... empeza por... Corre, corre... a que xa sabedes a palabra que falta.

Pois a miña amiga Herculina non coñecía este conto e agora non para de lelo e de cantar a canción. 

Aquí vos deixo o conto, TERRORIFICAS E TERRORÍFICOS!!!

BICOSSSSSSSSS




mércores, 24 de outubro de 2018

CAMIÑO AO SAMAÍN: UN PAR DE CANCIÓNS QUE METEN MEDO


LOGO DA CANCIÓN DE CORRE CORRE, CABACIÑA, SEGUIMOS COA TEMÁTICA DO SAMAÍN. PREMEDE NO VÍDEO E PODEREDES ESCOITAR UNHA TERRORÍFICA CANCIÓN: O SAMAÍN DE MAMÁ CABRA. FORMA PARTE DO SEU DISCO PATATÍN PATATÁN DO ANO 2008 E PODEMOS AVENTURAR, SEN MEDO, QUE VOS VAI ARREPIAR. O VÍDEO AMOSA A LETRA COMO SE FOSE UN KARAOKE, ASÍ QUE VOS VAI RESULTAR DOADO CANTALA SENTINDO CALAFRÍOS!
A OUTRA CANCIÓN CÁNTAA UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA. TITÚLASE O SAMAÍN E SOA MOITO A ROCK BRAVÚ. VAIVOS GUSTAR SEGURO!

domingo, 21 de outubro de 2018

xoves, 18 de outubro de 2018

VENRES DE CONTO. A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS







Ola amiguiñas e amiguiños:

Deixovos o conto "A figueira de Pelostortos", este conto gustoume moito e espero que a vós tamén. Rin un bo rato, je, je, je

Imos dicir todxs xuntxs como di Pelostortos:

Antes me leven as almas en pena, que darvos un figo da miña figueira!











martes, 16 de outubro de 2018

V CONCURSO DE RELATO BREVE "DÁME MEDO"

v Poderán participar todos os alumnos e alumnas que o desexen.

v Os relatos terán como extensión máxima un folio por unha cara.

v O tema terá relación coa festividade do Samaín.

v O prazo límite de presentación é o 5 de novembro.


v Os relatos entregaranse na Biblioteca en horario de recreo.

v A entrega de premios será na festa do Magosto. Os relatos premiados colgaránse no blog da biblioteca.








QUEN DIXO MEDO!!!

domingo, 14 de outubro de 2018

OUTONO





Ola queridas amigas e amigos:

Como xa sabedes estamos na estación do outono, unha das miñas favoritas.
—E sabedes porque?
— Polas cores do bosque. As árbores poden ser douradas, vermellas, marróns... o chan énchese de follas que fan crack, crack... cando as pisas e tamén hai castañas e cogumelossssss....Mmmmmm que saborosos.
Deixovos aquí un video coa música dun compositor que se chama Vivaldi que fixo música para as catro estacións do ano; esta é a que compuxo para o outono.
Ao mellor podedes probar a escoitala mentres facedes algunha tarefa ou ledes un conto.

Por certo, a miña amiga Herculina estivo collendo castañas, non tivo moito coidado e agora ten cravada a espiña dun ourizo na man. Está todo o día dicindo, UI, UI, UI... pero vai vir o meu amigo o doutor Crisanto e vailla quitar nun plis, plas.

Espero que vos guste a música de Vivaldi.

Bicos de gnómicos; sempre co nariz.

Herculino.







mércores, 10 de outubro de 2018

VENRES DE CONTO








Ola amigas e amigos:

Como todos os venres, hoxe imos ver un conto. Leichedes o conto de Cocorico, ese poliño que lle gusta axudar a todas as persoas? Seguro que a vos tamén gozades axudando ás vosas compañeiras e compañeiros.

Con este conto quero desexarvos unha feliz fin de semana longa!!!

Bicos herculinos. Sempre co nariz.


COCORICO





CAMIÑO AO SAMAÍN: UN CONTO CANTADO

IMAXE: OQO.
UNHA LECTURA XA CLÁSICA NAS AULAS DE INFANTIL DURANTE O SAMAÍN É CORRE CORRE, CABACIÑA. ESCRIBIUNO EVA MEJUTO E ILUSTROUNO ANDRÉ LETRIA. AQUÍ O TENDES EN VERSIÓN PELÍCULA.



PERO, OLLO, ESTE NON SÓ É UN LIBRO PARA LER! GRAZAS A ALMUDENA JANEIRO, NO SEU DISCO CONTOS EN CANTOS, PODEMOS GOZAR DUNHA CANCIÓN SOBRE O CONTO. AQUÍ TENDES A LETRA E O VÍDEO.



ERA UNHA VELLIÑAQUE FOI CONVIDADA 
Á VODA DUNHA NETA: 
XA ESTOU PREPARADA!
E TOPOU CUN LOBO:
QUÉROTE PAPAR!
NON ME COMAS, LOBO,
TEÑO QUE ENGORDAR! 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

O LOBO, QUE É BOBO
DIXO “AQUÍ TE ESPERO”
E A VELLIÑA ANDOU, ANDOU,
ANDOU POLO CARREIRO.
E TOPOU CUN OSO: QUÉROTE PAPAR!
NON ME COMAS, OSO,
TEÑO QUE ENGORDAR! 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

O OSO ORGULLOSO,
DIXO “AQUÍ TE ESPERO”.
E A VELLIÑA ANDOU, ANDOU,
ANDOU POLO CARREIRO.
E TOPOU CUN LEÓN:
QUÉROTE PAPAR!
NON ME COMAS, NON,
TEÑO QUE ENGORDAR! 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

O LEÓN LAMBÓN,
DIXO “AQUÍ TE ESPERO”
E A VELLIÑA ANDOU, ANDOU,
CHEGOU POLO CARREIRO.
AO DÍA SEGUINTE,VODA E XANTAR
A FESTA RACHADA
VAI COMEZAR. 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

A NOIVA QUE É LISTA,
FOI CORRENDO Á HORTA.
E Á CABAZA GRANDE,
ABRIULLE UNHA PORTA.
A AVOA QUE É LISTA,
BOTOUSE A RODAR
E AOS TRES FAMENTOS
CONSEGUIU BURLAR. 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

domingo, 7 de outubro de 2018

CONTOS CURTOS DO NOSO AMIGO HERCULINO





Ola amigas e amigos:

Onte pola noite estiven vendo este corto coa miña amiga Herculina e gustounos moito. Sabedes por que? Pois porque ten moita razón o que nos contan nesta historia; cando somos amables e educadas coas compañeiras e compañeiros o mundo énchese de cores.

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

Bicos herculinos. Sempre co nariz!!!


Color Your World With Kindness










martes, 2 de outubro de 2018

CONTOS CURTOS





Ola amigas e amigos!!!

Hoxe déixovos esta curta de animación que espero vos guste; pois para min tamén é moi importante a amizade.

Bicos herculinos. Xa sabedes, sempre con nariz!!!

"MONSTERBOX"

A importancia de coidar as nosas amigas e amigos, cada día, igual que coidamos as plantas, os xoguetes, os libros...





domingo, 30 de setembro de 2018

BENVIDA DE HERCULINO!!!





Ola a todxs:

Que ganas tiña de volver a falar con vós para contarvos moitas, moitas cousassssss: as amigas novassssss que fixen este verán, os librossssss que lin, deixarvos adiviñanzasssssss novas...
Supoño que vós tamén tedes moitas cousasssss que contar, e espero que me recomendedes algunha das vosas lecturas do verán.
Eu recibin a visita da miña amiga Rosalía, que non coñecía o meu bosque, e estivemos facendo unhas excursións moi chulas. Tanto lle gustou o lugar no que vivo, que aínda está comigo e espero que non marche, gozo moito da súa compañía.
Agora estamos esperando as froitas do outono e tamén as cores das follas que, xa sabedes, son tan fermosas nesta época do ano.
Xa vin que tedes libros novos na biblioteca, ao mellor collo algún prestado para lelo Rosalía e mais eu xuntos.

Seguimos falando amigas e amigos.

Bicos herculinosssss. Xa sabedes, sempre co nariz!!!

FELIZ DE VOLVER A ESTAR CON VÓS!!!








domingo, 17 de xuño de 2018

LÉMONOS O VINDEIRO CURSO. FELIZ VERÁN!!!

Moitas grazas pola vosa xenerosidade. Por contarnos contos, representar obras, aprender a xogar ao xadrez, compartir lecturas, recomendar libros, debater, soñar... por todo o que dades coa vosa presenza na biblioteca.
Grazas moi especiais ao Personal da Biblioteca. Sen o voso traballo e compañerismo non sería posible compartir tanto.

LÉMONOS!!!

FELIZ VERÁN!!!


FESTIVAL FIN DE CURSO

Moitos parabéns a todas e todos por este Fermoso Festival de fin de curso, que demostra que o traballo en equipo sempre ten resultados fermosos. 
A comunidade educativa do CEIP. Raquel Camacho, demostráchedes, un ano máis, que sodes marabillos@s.