luns, 22 de maio de 2017

RECOMENDAMOS

Ola a tod@s:
Sodes moi pero que  moi list@s, sempre acertades todo: as adiviñas, os problemas matemáticos… pero sobre todo sodes moi b@s poetas.
Gustáronme tanto e gocei tanto lendo os vosos poemas que os quixen colgar na nosa árbore da biblioteca.





Tamén gozou moito da súa lectura a miña avoa Palindra , pero quen máissss gozou foi Lucinda, aínda segue comendo chocolate de tanto que lle gustaron os vososssss poemassss.
Por certo, fixen unha pillería esta fin de semana e collín prestado este libro que me gustou moito:






Si vos apetece lelo, logo podemos partillar un pouco sobre o Toribio este que ten moita graza.
E falando de cousas graciosas, a ver se sabedes rematar este chiste?

Caperucita Vermella casou co príncipe azul e tiveron un fillo …….
Podedes deixarme a resposta onde sempre, xa pasarei a recollela



Deixovos que teño que facer a cea, asssss tripasssss están facendo uns ruidos moi estranosssssss.


Bicos de gnomo. Sempre co nariz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario