miércoles, 31 de mayo de 2017

O PROXECTO ÁFRICA EN VOZ NATURA.


Tedes que estar moi orgullos@s do voso traballo, sen o esforzo de tod@s non sería posible e, non hai maior logro que o que se fai en equipo.

 SODES FANTÁSTIC@S E FACEDES QUE NOS SINTAMOS MOI ORGULLOSOS DO NOSO COLEXIO.

NORABOA A TOD@S!!!

















martes, 30 de mayo de 2017

SABEDES QUE ...

HAI ALGUNHA CURIOSIDADE DO CONTINENTE AFRICANO QUE AO MELLOR NON COÑECEDES?

Pois aquí tedes algunhas como o significado da palabra áfrica. Que é ben fermoso:



O nome de África provén do latín e quere dicir "sen frío".

- Ten un total de 54 países e 9 desertos. Tamén o segundo río máis longo do mundo está neste continente: o Nilo (máis de 6.000 quilómetros de longo).




- A maior concentración do mundo de elefantes está no parque nacional de Chobe, en Botsuana.






- En África está o cemiterio de barcos máis grande do mundo. Atópase na baía de Nouadhibou, en Mauritaria, e ten máis de 300 "esqueletos de aceiro".

jueves, 25 de mayo de 2017

NORABOA

NORABOA @S ALUMN@S, TITORAS E FAMILIAS QUE FIXECHEDES ESTE IMPRESIONANTE E FERMOSO TRABALLO DO "PROXECTO SEMENTE".
TOD@S NO COLEXIO ESTAMOS MOI ORGULLOS@S DE VÓS



E XA SABEDES TOD@S MAÑÁ POLA TARDE AO OBELISCO A PASAR A TARDE COS NOS@S COMPAÑEIR@S DE 4º A E B.



ESTO VAI POR VÓS


martes, 23 de mayo de 2017

SABEDES QUE ...

EU, HERCULINO TEÑO UN DÉBEDA COS NENOS E NENAS DA AULA DE 5ºA DE EI?


Moitas, moitas grazas polas pedriñas que tan ben pintáchedes coas cores da bandeira africana.
Gustáronme tanto, que as peguei nun anaquiño de madeira e as teño no meu cuarto.

Así de fermosas están:


BICOS DE GNOMO. SEMPRE CO NARIZ PARA TOD@S!!!

lunes, 22 de mayo de 2017

RECOMENDAMOS

Ola a tod@s:
Sodes moi pero que  moi list@s, sempre acertades todo: as adiviñas, os problemas matemáticos… pero sobre todo sodes moi b@s poetas.
Gustáronme tanto e gocei tanto lendo os vosos poemas que os quixen colgar na nosa árbore da biblioteca.





Tamén gozou moito da súa lectura a miña avoa Palindra , pero quen máissss gozou foi Lucinda, aínda segue comendo chocolate de tanto que lle gustaron os vososssss poemassss.
Por certo, fixen unha pillería esta fin de semana e collín prestado este libro que me gustou moito:






Si vos apetece lelo, logo podemos partillar un pouco sobre o Toribio este que ten moita graza.
E falando de cousas graciosas, a ver se sabedes rematar este chiste?

Caperucita Vermella casou co príncipe azul e tiveron un fillo …….
Podedes deixarme a resposta onde sempre, xa pasarei a recollela



Deixovos que teño que facer a cea, asssss tripasssss están facendo uns ruidos moi estranosssssss.


Bicos de gnomo. Sempre co nariz.

CONTOS CURTOS

O Conto Curto de hoxe titúlase "Sin Fogar". Seguro que despois de ver esta curta xa non ides a tirar nada na praia este verán e recolleredes todo nunha bolsa para logo tirala no contenedor.


miércoles, 17 de mayo de 2017

jueves, 11 de mayo de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.

Se hai un día do ano que esta sección do blog ten un sentido de seu é este venres, xa que nuns días estaremos celebrando o Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano están adicadas á Carlos Casares.

E que mellor que celebralo cunha adaptación da obra "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas". Feita polo CEIP.Antonio Ferrnández López.








miércoles, 10 de mayo de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA.


Seguimos coñecendo a tod@s @s artistas que temos no noso colexio. Hoxe este fermoso mural que fixeron a tribo Bassari das aulas de 4 anos. Moitas grazas polo voso traballo.

SODES FANTÁSTIC@S!!!









lunes, 8 de mayo de 2017

RECOMENDAMOS

Que imos  recomendar! Pois a Toribio, o gran personaxe creado polo escritor ao que se dedican as Letras Galegas 2017, Carlos Casares.

Que saibades que os temos na biblioteca, por onde andan as laranxas. Volo recomendamos, tedes a risa asegurada.

Resultado de imagen de toribio carlos casares


Resultado de imagen de toribio carlos casares


Resultado de imagen de toribio carlos casares

EXCURSIÓN A BELELLE AULA DE 5 ANOS EDUCACIÓN INFANTIL

FERMOSA EXCURSIÓN A BELELLE. SEMPRE QUEDARÁ NA VOSA MEMORIA OS MOMENTOS VIVIDOS XUNT@S.

martes, 2 de mayo de 2017

SABEDES QUE...

FACENDO CLICK DEREITO COÑECEREDES MELLOR A FIGURA DE CARLOS CASARES?

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1485957479/contido/biografia_e_obra.html

lunes, 1 de mayo de 2017

DÍA DO LIBRO NO COLEXIO

MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN NA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO. FOI UN PRACER PODER ESCOITAR NAS VOSAS VOCES O CONTO "O PRINCIPIÑO"

SODES FANTÁSTIC@S!!!!

Estas son algunhas fotografías deste fermoso momento:









RECOMENDAMOS

Seguimos coas cancións, hoxe "A horta de Balbina" de María Fumaça: