luns, 3 de abril de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA NOSA BIBLIOTECA.

Hoxe celebramos da mellor maneira que se pode celebrar o Día da literatura infantil e xuvenil, contando contos.

Moitas grazas ás alumnas e alumnos de 5º por representar "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. E as alumnas de 3º que representaron "A casa da mosca chosca".
Foi tal o éxito, que os dous grupos tiveron que repetir.

Moitas grazas polo voso traballo a tod@s, alumn@s e mestras que facedes posible que a biblioteca sexa un lugar de encontro coa palabra e as historias.

Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

"A TOUPIÑA" ALUMN@S DE QUINTO










"A MOSCA CHOSCA" ALUMNAS DE TERCEIRO.
















E a petición de Herculino que, aínda que non se deixou ver  pero estivo escoitando os vosos contos, mándavos este vídeo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario