xoves, 30 de marzo de 2017

HERCULINO ESTÁ MOI LEDO.




Moitas grazas a todos por axudarme a resolver a adiviña e tamén polos debuxos con estrelas que me mandáchedes. Están todos ben gardados.
Sodes uns “gnomicracks”.
Mirade no cofre.

Bicos gnómicos. Xa ssssssabedessss sempre co nariz.

mércores, 29 de marzo de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

Seguimos mostrándovos os marabillosos traballos artísticos deste proxecto común do que tanto gozamos.
Hoxe estas pedras pintadas d@s alumn@s de 4ºB.

SODES UNS ARTISTAS!!! NORABOA POR ESTA CREATIVIDADE.







martes, 28 de marzo de 2017

SABEDES QUE...

QUE O NOME DOS PLANETAS TEN QUE VER CO NOME DAS DIVINIDADES GREGAS?



A montaña máis alta do sistema solar é o Monte Olimpo, un volcán marciano que ten unha altura de 27 quilómetros, tres veces maior ao monte Everest.





O nome en castelán dos planetas do Sistema Solar, con excepción da Terra, corresponde ao nome dalgunhas divinidades das mitoloxías romana ou grega; Mercurio é o deus romano do comercio; Venus é a deusa romana do amor e da beleza; Marte é o deus da guerra; Júpiter é o deus supremo do panteón romano e creador do universo; Saturno é o deus romano da agricultura; Urano é o deus grego do ceo e Neptuno é o deus romano dos mares.

sábado, 25 de marzo de 2017

CONTOS CURTOS

O Conto Curto de hoxe titúlase " Minuscule- the guest of the pink lollipop"


As veces non somos capaces de apreciar o que non vemos, o minúsculo.


PALABRA DESTE MES NA BIBLIOTECA

Lembrade que a palabra deste mes na biblioteca é SOLIDARIEDADE.



Anímase alguén a vir a contarnos unha historia de solidariedade para gravala e compartila no blog con todos nós?

xoves, 23 de marzo de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA.


A partir de hoxe, na nosa entrada dedicada ao proxecto da biblioteca sobre África, iremos colgando os vosos trabalhos que, como podedes ver hoxe son verdadeiramente marabillosos. Non hai dúbida de que sodes uns artistas.

Noraboa a tod@s @s alumn@s de 6ºA e a súa mestra de plástica.

A creatividade é contaxiosa. Pásala.
                                  Albert Einstein
















martes, 21 de marzo de 2017

SABEDES QUE...

ONTE FOI O DÍA DA POESÍA?

Pois aquí tedes un poema do poeta Antonio García Teijeiro:



Un bico porque
                      si
Un bico porque
                    non
Un bico coma o
                    lume
Un bico cora-
                    zón
Un bico porque
                    re
Un bico porque
                   
Un bico porque
                    la
Un bico porque
                    sol
Un bico dó re
                    mi
Un bico acorde-
                    ón
Un bico dó si
                   fa
 Un bico percu-
                  sión
 Un bico porque
                   si
Un bico, por que

                                                                                          non?

SABEDES QUE...

VENUS É UN PLANETA MOI PECULIAR?




*    Despois do Sol, Venus é o lugar máis quente do Sistema Solar.






      Non hai diferenzas na temperatura entre a noite e o día.





*    A diferenza do resto dos planetas do Sistema Solar, en Venus non hai diferenzas na temperatura entre a noite e o día.




*    É apenas un pouco máis pequeno que a Terra
Que tamaño cres que ten Venus? En realidade é só un pouco  máis pequeno que a Terra





*    En Venus non hai paraguas que aguante.
 As súas nubes crean unha constante choiva aceda que faría que un paraguas non durase nin un minuto.




 E alucinade...


*    Un día en Venus son 243 días na Terra

Venus rota de forma sumamente lenta. Mentres que un día na Terra dura 24 horas, un día en Venus dura 243 días terrestres.


E aquí redes unhas fermosas imanes do planeta Venus.