sábado, 21 de xaneiro de 2017

SABEDES QUE ...

O GUEPARDO É ...



o membro atípico da familia dos félidos. Pesa entre 40 e 65 kg.


Desde moi pequeno mostra peculiaridades, sendo así que, cando nace as crías non teñen manchas. Pero posúen unha melena característica que a medida que van crecendo vai desaparecendo, e as manchas fanse presentes dunha maneira peculiar pois son unicas en cada exemplar.



O guepardo posúe unha anatomía especializada para a carreira, é considerado o animal terrestre máis velóz do mundo. Pode alcanzar o 72 km/h en só 2 segundos. O guepardo corre a unha velocidade máxima aprox. de 113 km/h.



Fermoso e case máis veloz que un coche. Que pasada o guepardo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario