xoves, 19 de outubro de 2017

mércores, 18 de outubro de 2017

CAMIÑO AO MAGOSTO: OUTRA CANCIÓN



POR PROPOSTA DA MESTRA PATRICIA, ESTA SEMANA IMOS INTERPRETAR UNHA NOVA CANCIÓN PARA IR QUENTANDO MOTORES PARA O MAGOSTO. DESTA VOLTA, A PEZA ELIXIDA TITÚLASE A CANCIÓN DA CASTAÑA. ENRIBA AMOSAMOS COMO SERÍA O RITMO E A MELODÍA DA CANCIÓN PARA QUE A POIDADES CANTAR NA CASA E NO COLEXIO. DESCOÑECEMOS O SEU AUTOR OU AUTORA, MAIS A SÚA LETRA DI O SEGUINTE (SE A QUEREDES VER CON PICTOGRAMAS ARASAAC EN PDF, PREMEDE AQUÍ, NAS IMAXE DE EMBAIXO OU EN ISSUU).

 PREME NA IMAXE.
 PREME NA IMAXE.

martes, 17 de outubro de 2017

UNHA ENTRADA MOI ESPECIAL

Hoxe temos unha entrada da que nos sentimos moi orgullos@s.
O noso compañeiro Unai Cereijo García de 5ºB, ven de gañar a Medalla de Ouro de España no Campionato de Patinaxe Artístico.

Quedas parabenizado Unai!!!





Estamos moi contentos e desexamos que o vindeiro 1 de novembro, na Copa de Europa, teñas a mesma sorte. En calquera caso o máis importante é participar e chegar ata aí.

Moita sorte Unai!!!

CARTA DE HERCULINO










Queridas amiguiñas e amiguiños:

Sei que estaredes preocupados por que o luns non vos mandei unha carta, pero estou moi tristeiro y non podía escribir nada.
Seguro que xa sabedes porque poño esta fotografía. Esta fin de semana houbo moitos incendios en Galicia. Arderon moitos bosques e morreron moitos animais. Aos gnomos, que como sabedes, vivimos nos bosques, isto ponnos moi tristes xa que é o noso fogar.

Os bosques son moi importantes para todos nós, sin eles non poderíamos respirar, son como os nosos pulmóns. Por iso, temos que querelos e coidalos moito.

Cando vaiades a pasear polo campo ou por un bosque, nunca prendades lume, vixiade que os maiores non tiren gabichas e se ides a comer, non tiredes papeis no chan, gardadeos nunha bolsa e despois tirades o lixo nun contenedor.
Tamén é moi importante que os maiores coiden e manteñan limpo o campo, e que non se planten tantos eucaliptos que non son bos para a nosa terra e arden con moita facilidade.

Xa sabedessssss… COIDADE OS BOSQUES.
BICOS GNOMICOS SEMPRE CO NARIZ.


HERCULINO.

luns, 16 de outubro de 2017

RECOMENDAMOS



Resultado de imagen de Antonio García Teijeiro

Hoxe temos unha recomendación moi especial. Un dos mellores poetas galegos, Antonio García Teijeiro, ven de recibir o Premio Nacional de Poesía Infantil e Xuvenil, polo seu libro "Poemando o mar".
Desde a nosa biblioteca queremos celebralo cun dos poemas do seu libro e recomendandovos que o leades. Só tedes que pasar pola biblioteca a collelo e despois navegar polo mar a traves dos seus poemas.

Resultado de imagen de poemar o mar


Era un meniño algo rao
porque falaba co mar
dende un barco de papel
no que andaba a navegar.

Palabras azul celeste.
Palabras verde esmeralda.
Palabras de maruxía.
Palabras de area branca.

Din que o neno era algo raro
porque falaba co mar,
pero o barco que o levaba
ninguén o viu naufragar




MOITOS PARABÉNS A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO!!!

CONTOS CURTOS



PIGEONS




xoves, 12 de outubro de 2017

EXPOSICIÓN DE ARTE AFRICANA NA NOSA BIBLIOTECA

Queremos desde o noso blog da Biblioteca agradecer con cariño a xenerosidade de Salvador Corroto, dono de Atlántica Centro Arte, e de María, por agasallarnos cunha fermosa e interesante despedida para o noso proxecto “E ti, que pintas? África.
Encheu a nosa biblioteca de máscaras e esculturas de África. Con Salvador aprendimos o poder que poden ter os caracois de mar nunha máscara dun rei; o mismo poder que  poden ter para que Pablo Picasso crease o cubismo; que as moedas non parecen moedas; que as portas de madeira contan historias e moitas, moitas cousas máis. 



O seu lugar de traballo, Atlántica Centro de Arte, é unha empresa que traballa coa cultura e a arte como ferramenta de desenvolvemento social. Entre as súas instalacións conta cunha galería de arte contemporánea no circuíto nacional, e un taller de desenvolvemento creativo.

E agora imos coñecer algo máis de Salvador.








Ten 43 anos. Gústalle navegar e tamén andar en bicicleta, aínda que practica menos deporte do que lle gustaría. Está casado e é pai dunha nena de 7 anos, Carla. Cáeselle a baba cando fala dela. Salva, ou Salvador, naceu en Madrid, pero aos 9 anos a familia instalouse na Coruña. Estudou no Obradoiro, Salesianos, Liceo... «Era un pouco cafre. Bo, pero vago», lembra. Matriculouse en Turismo no Centro Español de Novas Profesións, que entón estaba en Zalaeta. «Quería ser hostaleiro», apunta este coruñés que tiña na seu cuarto infantil cadros de Peteiro e Vázquez Cereijo. «Un dos meus primeiros recordos deste mundo da arte é cando o meu pai quixo comprar unha peza de Luís Seoane e foi ao banco para pedir un crédito», rememora. Pero ata retomar a tarefa do proxenitor cursou un máster de dirección hostaleira en Madrid e durante 5 anos viviu en Honduras liderando un proxecto de cooperación para desenvolver un hotel-escola que xurdiu por mor da traxedia do furacán Mitch. «Foi unha experiencia única. Polas mañás podías estar con políticos e empresarios importantes e polas tardes buscando rapaces polas maras e barrios marxinais».

Gústalle viaxar. Da Coruña queda coa plazuela das Bárbaras, «ou calquera punto desde o que se vexa o mar». Declárase comilón e o seu prato favorito é a robaliza ao sal. Di que a súa principal virtude é a honestidade e a sinceridade. «Cada vez córtome menos», comenta. E o seu defecto máis destacado é que «me apaixono demasiado coas cousas, e iso no mundo da arte pode ser un problema». «Se me toca a primitiva cómprome un Picasso», asegura riseiro. Cada vez parécese máis ao seu pai. «A arte non é para as elites. Comprar unha obra non está ao alcance de calquera, pero ler sobre Picasso ou ir a un museo é gratis», sentenza.


MOITÍSIMAS GRAZAS SALVADOR.

Aquí tedes o video da exposición:


video

mércores, 11 de outubro de 2017

CAMIÑO AO SAMAÍN: UN CONTO CANTADO

IMAXE: OQO.

UNHA LECTURA XA CLÁSICA NAS AULAS DE INFANTIL DURANTE O SAMAÍN É CORRE CORRE, CABACIÑA. ESCRIBIUNO EVA MEJUTO E ILUSTROUNO ANDRÉ LETRIA. AQUÍ O TENDES EN VERSIÓN PELÍCULA.



PERO, OLLO, ESTE NON SÓ É UN LIBRO PARA LER! GRAZAS A ALMUDENA JANEIRO, NO SEU DISCO CONTOS EN CANTOS, PODEMOS GOZAR DUNHA CANCIÓN SOBRE O CONTO. AQUÍ TENDES A LETRA E O VÍDEO.



ERA UNHA VELLIÑAQUE FOI CONVIDADA 
Á VODA DUNHA NETA: 
XA ESTOU PREPARADA!
E TOPOU CUN LOBO:
QUÉROTE PAPAR!
NON ME COMAS, LOBO,
TEÑO QUE ENGORDAR! 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

O LOBO, QUE É BOBO
DIXO “AQUÍ TE ESPERO”
E A VELLIÑA ANDOU, ANDOU,
ANDOU POLO CARREIRO.
E TOPOU CUN OSO: QUÉROTE PAPAR!
NON ME COMAS, OSO,
TEÑO QUE ENGORDAR! 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

O OSO ORGULLOSO,
DIXO “AQUÍ TE ESPERO”.
E A VELLIÑA ANDOU, ANDOU,
ANDOU POLO CARREIRO.
E TOPOU CUN LEÓN:
QUÉROTE PAPAR!
NON ME COMAS, NON,
TEÑO QUE ENGORDAR! 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

O LEÓN LAMBÓN,
DIXO “AQUÍ TE ESPERO”
E A VELLIÑA ANDOU, ANDOU,
CHEGOU POLO CARREIRO.
AO DÍA SEGUINTE,VODA E XANTAR
A FESTA RACHADA
VAI COMEZAR. 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

A NOIVA QUE É LISTA,
FOI CORRENDO Á HORTA.
E Á CABAZA GRANDE,
ABRIULLE UNHA PORTA.
A AVOA QUE É LISTA,
BOTOUSE A RODAR
E AOS TRES FAMENTOS
CONSEGUIU BURLAR. 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

martes, 10 de outubro de 2017

RECOMENDAMOS



Ola amigas e amigos:

Hoxe vos quero recomendar un conto que a min gustoume moito, titúlase "Orellas de bolboreta".

A nena do conto, chámase Mara e aínda que hai quen lle dí cousas pouco agradables, ela sempre ten un resposta fermosa. Eu tamén penso que é mellor cando nos dín cousas que non nos gustan, responder con frases fermosas.
Probade, xa veredes como da bo resultado!

Esta é a portada do libro e o tedes na biblioteca.

Resultado de imagen de orellas de bolboreta kalandraka



Espero que vos guste a miña recomendación!!! Bicos gnomicos, sempre co nariz.

xoves, 5 de outubro de 2017

EXPOSICIÓN DE ARTE AFRICANO NA NOSA BIBLIOTECA

 http://angata.net/wp-content/uploads/2016/10/Maternidad-Baul%C3%A9-con-3-ni%C3%B1os-268x268.jpg


A vindeira semana teremos unha fermosa exposición de Arte Africano na nosa biblioteca "Nai África -  A Orixe".
Organizaremos visitas para todos os cursos e tamén as vosas familias poderan visitala o martes pola tarde de 16:00 a 18:00. Tamén teremos un guía moi especial Salvador Corroto, Director de a Galeria de Arte Atlántica.
Estamos desexando vela!!!

mércores, 4 de outubro de 2017

CAMIÑO AO MAGOSTO: UNHA CANCIÓN



Iniciamos este mércores unha serie de entradas que nos levarán, a comezos de novembro, a celebrar o Magosto e o Samaín. Hoxe propoñémosvos unha canción, cremos, de Susa Herrera moi sinxela de cantar na aula: Castañas polo chan. Embaixo amosámosvos a letra. A bailar!
Aí vai unha, aí van dúas,
tres castañas polo chan!
Unha é miña,
outra é túa
e outra é daquel rapaz.

martes, 3 de outubro de 2017

RECOMENDAMOS

TAM, TIM E TOM


Resultado de imagen de TAM TIM E TOM 


Tam, Tim e Tom...
que desastrados son!

O pequeno erguíase cedo e pasaba as mañás traballando no bosque;
o mediano erguíase máis tarde e só coidaba da horta e das galiñas;
o maior durmía ata que o corpo llo pedía e só se erguía para acender o lume e xogar...

A aparición do animal (un corvo) será decisiva para resolver unha situación tan incoherente,
para que as augas volvan ao seu sitio, as actividades se organicen de forma razoable,
e aínda quede tempo para o descanso e o lecer.

domingo, 1 de outubro de 2017

BENVIDA DE HERCULINO





Ola a tod@s:

Cantas ganasssss tiña xa de empezar a partillar con vós. Supoño que pasáchedesssss unhas estupendas vacacións, agora toca divertirse no colexio.
Este verán estiven facendo un cursiño de informática e a partir de agora vou comunicarme con vós polo blog da biblioteca, pero non vos descuidedes por que na miña caixiña atoperedes agasallos e tamén podedes deixarme todas as mensaxes que queirades.

Xa empezou o outono e o meu bosque está moi fermoso, aquí tedes unha fotografía:


Fermoso, non si?  Por este camiño vou todos os días  a visitar a miña avoa, a pobre xa ten cento cincuenta anos e cóstalle un pouco camiñar.
Como vedes xa está cheo de follas e as cores das árbores son douradas. Tamén empezan a caer castañas dos castiñeirosssssss. Mmmmm canto me gustan!!! E os cogumelos, que me decidesssss!!! A que son fermosos.
Como estou moi ilusionado con isto da informática vou  probar a ver se podo deixarvossss un video do outono no meu bosque:


Creo que o conseguín!!!!

E agora ides a coñecer a miña casa. A que tamén semella un cogumelo...


Adiviña de outono!!!

ALTA ESTOU

LADRÓN VEXO VIR

DO MEU CARAPUCHO

NON PODO FUXIR.

Que será, será!!! Deixádeme a resposta no cofre.

E, xa sabedes.... Bicossss gnomicos, ssssempre co nariz.


HERCULINO.

xoves, 15 de xuño de 2017

ATA SETEMBRO

Moitas grazas a tod@s os que día a día nos acompañastes neste Rakonto. O vindeiro curso seguiremos a traves do mellor que temos as persoas, a palabra.

Gozade das vacacións e non esquezades o pracer da lectura.

BICO GRANDE.





CARTA DE HERCULINO






Ola a tod@sssss:

Xa queda só unha semana para que cheguen as vacacións e quero despedirme de vós ata o vindeiro curso.
Eu tamén vou  facer unha viaxe, teño ganas de ver aos meus amigos do bosque do Freixo Branco. Pasaremos as tardes comendo froitos do bosque e lendo os nosos libros preferidos. Pola noite contaremos historias á luz da lúa e contaremos chistessss de gnomos que, aínda que sempre son os mesmos, non deixamos de rir como se fose a primeira vez que os contamos.

Foi un pracer pasar este curso con vós. En setembro teredes noticias miñas outra vez e pasaremos o curso xuntos.

Moitas grazas polos poemas, pola axuda cando non sabía como resolver algún problema.
Espero que leades moito durante as vacacións, seguro que si, por iso sodes tan sabios.


GRANDES BICOS GNOMICOSSSSS. SSSSEMPRE CO NARIZ.

mércores, 7 de xuño de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

SABEDES O QUE É UN ILUSTRADOR? SEGURO QUE SÍ. POIS ESTES ILUSTRADORES E ILUSTRADORAS SON AFRICAN@S.


MÓNICA OBAGA DE KENIA





ADESOLA LASISI DE NIXERIA







MICHAEL SOI DE KENIA

SABEDES QUE...

O 5 DE XUÑO É O DÍA DO MEDIO AMBIENTE?

NON ESQUEZADES QUE SEN ÁRBORES NON PODEMOS VIVIR.


luns, 5 de xuño de 2017

RECOMENDAMOS

Os martes seguimos no Recomendamos con cancións que esperamos sexan do voso gusto.
"A lenga- lenga do Xanduca"





domingo, 4 de xuño de 2017

NORABOA POR ESE PREMIO DO PROXECTO SEMENTE A 4ºA E 4ºB

Noraboa por ese traballo en equipo, ás nenas e nenos de 4º A e B, ás familias  participantes e ás titoras.
Fixechedes o mellor que sabemos facer as persoas, traballar en equipo con ilusión e esforzo. Con este traballo abríchedes outro camiño de luz na nosa comunidade educativa.


Desde a biblioteca queremos darvos as grazas e dicirvos que estamos moi orgullos@s de tod@s vós. 

PRIMEIRO PREMIO AO CEIP. RAQUEL CAMACHO.