xoves, 27 de outubro de 2016

VENRES DE CONTO

Hoxe celebramos o Samain, e que mellor que escoitar o conto "Corre, corre cabaciña"

DISFRUTÁDEO!!!!



mércores, 26 de outubro de 2016

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

Despois de coñecer as pinturas rupestres africanas, e as máscaras; agora imos a descubrir pintoras e pintores africanos. Empezaremos Ndidi Emefiele, que nos ten impresionados cos seus peculiares retratos.


As mulleres de Ndidi Emefiele

IMG-20140203-WA0003
Ndidi Emefiele (Abuya, Nigeria 1987) 





Ndidi Emefiele é unha aoven artista de Nigeria. Como ides a comprobar as shas obras son difíciles de esquecer. As protagonistas dos seus retratos son mulleres negras con miradas profundas. As lentes, unha das características destes retratos, funcionan como unha especie de protección, como un velo, unha máscara. As cabezas representan o destino.
Do que non hai dúbida é da fermosura das súas obras.

12393976_538674419625147_15624120_n

12534657_220576928287108_369544408_n

12552345_1496943850615566_921640722_n

12677717_919809144777484_1794856092_n



12749848_943972545710700_236345495_n



IMG_3494-690x804



IMG_3853-690x719

Ndidikanma-Emefiele-3

Ndidikanma-Emefiele-4-1101x1400


Ndidikanma-Emefiele-5-1103x1400


Ndidikanma-Emefiele-6-1072x1400

martes, 25 de outubro de 2016

SABEDES QUE ...

EN ÁFRICA HAI UNHAS GALIÑAS  MOI CURIOSAS?

A GALIÑA DA GUINEA:





É unha ave moi resistente, que case nunca está enferma. É moi nerviosa e ruidosa, pero tamén moi mansa.
Utilízase como gardián. Cando percibe a presenza de estranos ponse a berrar, e como o són é bastante desabradable, asusta aos depredadores.
Escoitade!




Come formigas, garrapatas e outros invertebrados, ademáis de vexetais. É un animal omnívoro e ademáis voa.


GALIÑA DE MOS


Resultado de imagen de gallina de mos


A Galiña de Mos, é probablemente a máis famosa da Galicia. É unha galinaceas, como o pavo, o faisán, a pediz ou a codorniz. O galo é o macho da galiña.
Aqui tedes un fermoso galo:

Resultado de imagen de gallo



A galiña pasa a maior parte do tempo no chan, non voa case nada. Vive de día, e dicir, é diurna. Ten unha vida duns 10 ou 12 anos, dependendo da raza.
É omnívora. Aliméntase de vexetais, mais tamén de gusanos, insectos, caracois ...
Unha curiosidade da súa alimentación é que inxire pedriñas moi pequenas que lle axudan na dixestión dos alimentos.

Este é o canto do galo:





Estamos moi agradecidos ás galiñas por eses ovos tan ricos que poñen!!!

luns, 24 de outubro de 2016

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS MARTES

Este martes a nosa recomendación literaria é ... TERRORÍFICA.

PASADE POLA BIBLIOTECA E ATOPAREDES AS LECTURAS MÁIS ESCALOFRIANTES!!!





domingo, 23 de outubro de 2016

CONCURSO DE RELATOS "DAME MEDO"

Un ano máis, desde a biblioteca convócase o Concurso de Relatos "Dame medo". Aquí tedes as bases e toda a información que precisares. Se tedes algunha dúbida, pasade no recreo pola biblioteca.

CONCURSO DE RELATOS

“DAME MEDO”

v Poderán participar todos os alumnos e alumnas que o desexen.

v Os relatos terán como extensión máxima un folio por unha cara.


v O tema terá relación coa festividade do Samaín.

v O prazo límite de presentación é o 2 de novembro.

v Aqueles que decidan participar, poderán entregar os seus relatos na Biblioteca en horario de recreo.

v A entrega de premios na festa do Magosto, e colgaránse no blog da biblioteca.




QUEN DIXO MEDO!!!

sábado, 22 de outubro de 2016

CONTOS CURTOS

XA ESTAMOS NA SEMANA MAIS TERRORÍFICA, NA SEMANA DO SAMAÍN.


AQUI TEDES UN CONTO UN POUCO  ... TERRORÍFICO. TITÚLASE "O DÍA DOS MORTOS"



xoves, 20 de outubro de 2016

CONTOS DE VENRES

Hoxe en vez de conto temos unha canción basada no famoso conto "Corre, Corre, Cabaziña". Así xa ides aprendendo a canción para o Samaín.
O vindeiro venres o conto. Agora, todos e todas a ... cantar.


mércores, 19 de outubro de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Seguro que queredes saber algo máis das máscaras africanas. Hoxe imos a coñecer ao artistas que as crean e o significado que teñen.


Artistas

Un artista de máscaras é unha persoa respetada e admirada na tribo.  E cóstalle moito aprender a facer as máscaras.
Nas tribos africanas, as máscaras son obxectos moi importantes.






Significado profundo


Cando un bailarín ponse unha máscara africana, non está a actuar. A máscara é vista como a conexión ao mundo espiritual, e os deuses, espíritos e devanceiros están convidados a posuír o corpo do bailarín. 
É importante que entendades, que as máscaras africanas, asi como os abalorios que levan na súa vestimenta teñen un significado importante para cada tribo. Non é só unha cuestión estética e moito menos pensedes que é como cando nos disfrazamos no entroido. 
Para eles é unha expresión artística con un significado moi profundo e importante.



martes, 18 de outubro de 2016

SABEDES QUE...

EN GALICIA E EN ÁFRICA TEMOS PAXAROS MOI FERMOSOS?

Este trimestre imos dedicalo, nesta entrada do blogue aos paxaros de Galicia e aos de África. Ademáis no colexio tedes unha exposición moi interesante sobre paxaros. Pasade a vela.

Hoxe imos a coñecer ao "Colibrí".


O colibrí é un paxaro moi curioso. É o único que pode voar cara atrás. O seu corazón pode latir até 1.200 veces  e pode realizar 500 respiracións, todo nun minuto.
Non hai ningún paxaro que poida quedar suspendido no aire como el e, ademáis é capaz de facer cambios bruscos de dirección no aire, coa precisión dun helicóptero.





Este é o "Rolieiro Peito Violeta". Vive entre Namibia e Mozambique. Habita bosques e sabanas. O seu pico e os seu ollos son negros como o acibache.



Fermosos verdade!!!

luns, 17 de outubro de 2016

RECOMENDACIÓN LITERARIA.

Chegaron Cómics e Banda Deseñada a nosa biblioteca!!!



VIDE A COLLER UN E A RIR UN POUCO COAS DIVERTIDAS AVENTURAS DE ...







XA ESTADES ...

xoves, 13 de outubro de 2016

CONTOS DE VENRES.


O noso conto deste venres ven en forma de canción.

NENAS E NENOS, MONCHO E A MANCHA!

DISFRUTÁDEO!






mércores, 12 de outubro de 2016

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA.


Imos a continuar aprendendo sobre as máscaras africanas ...


Desde o inicio da historia, as tribos africanas nas súas danzas usan máscaras que representan deuses, espíritos .... As máscaras son unha parte da súa cultura.

Cal é proposito destas máscaras?

As máscaras non se levan postas todos os días, son para momentos especiais. Cando agradecen aos deuses as boas colheitas nos campos; cando celebran que unha nena convertesse nunha moza; tamén cando se pon o sol no solsticio de inversno...






Que materiais empregan?

As máscaras africanas poden estar feitas de madeira, cobre, bronce, marfil ou terracota. Soen decoralas con cunchas, contas, peles de animais, ósos ou follas de plantas. Con todo, o material preferido é a madeira, xa que cren que as árbores teñen alma, facendo da máscara de madeira un recipiente natural para que o espírito poida vivir nela.
Cando se termina de tallar, unha máscara pode ser pintada cunha variedade de tinguiduras vexetais, pinturas feitas de terra ou insectos.


luns, 10 de outubro de 2016

RECOMENDACIÓN DOS MARTES



Como xa sabedes na nosa biblioteca temos tamén unhas revistas moi interesantes. Está semana xa temos o último número de ...





Pasade pola biblioteca a lela. Vos esperamos!

domingo, 9 de outubro de 2016

CONTOS CURTOS

O Conto Curto de hoxe titúlase "Bat time", e nel descubriredes que pola noite tamén podemos ter amigos.

Disfrutádeo!



mércores, 5 de outubro de 2016

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA



AS MÁSCARAS AFRICANAS


Nos vindeiros xoves imos a coñecer unhas das pezas máis importantes da arte africana, que case sempre utilizan as pinturas para decoralas, as máscaras.
Para eles estas pezas non teñen nada que ver co que para nós é unha máscara, case sempre asociada na nosa cultura ao Entroido.
Hoxe, para empezar imos  ver un video duns nenos e nenas nunha escola africana facendo as súas máscaras.

Vos animádes a facer a vosa máscara!


martes, 4 de outubro de 2016

SABEDES QUE...

OS ELEFANTES SON UNS ANIMAIS MOI CURIOSOS?

Resultado de imagen de elefantes africanos bebes



Os elefantes, estes xigantes e enigmáticos animais, están cheos de estrañas curiosidades e datos asombrosos, a continuación presentámosche algunhas delas:

Viven en mandas.


Resultado de imagen de CURIOSIDADES DE LOS ELEFANTES PARA NIÑOS

Os elefantes dormen de pé, fóra dos bebés que polo xeral se botan para durmir.


Resultado de imagen de elefantes africanos durmiendo

 Adoitan bañarse en lodo para refrescarse e eliminar os parasitos.


Resultado de imagen de elefantes africanos bañandose en lodo

 Outra maneira que teñen para refrescarse é abanicarse coas súas orellas.


Resultado de imagen de elefantes africanos abanicándose con las orejas

Mirade que grandes e pesados son!

Resultado de imagen de elefantes africanos abanicándose con las orejas

O elefante é o máis grande dos animais terrestres. E sabedes que pasa case todo o día comendo!
Ah! e tamén ten o cerebro máis grande do reino animal. Será por iso que teñen tan boa memoria?



As vacas muxen, os cans ladran,  pois os elefantes barritan, e o fan así:



luns, 3 de outubro de 2016

RECOMENDACIÓN LITERARIA



Dous amigos, de distintas cores, fúndense nunha aperta sen decatarse de que ao abrazarse convértense nunha nova cor e faranse irrecoñecibles, mesmo para as súas propias familias.

E, onde acontece isto? Pois neste fermoso conto que tedes na nosa biblioteca:







domingo, 2 de outubro de 2016