jueves, 29 de septiembre de 2016

miércoles, 28 de septiembre de 2016

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

A arte africana está chea de fermosas historias. Pero para ir aos poucos coñecendo a pintura africana, temos que empezar polas pinturas rupestres, que son as que pintaban en rocas ou cavernas. 

A historia da arte africano  é moi antiga. As pinturas máis antigas que podemos atopar son as pinturas e gravados en pedra dun lugar chamado Tassili, que está no deserto do Sahara.

Un lugar máxico, no que pola noite o ceo énchese de milleiros de estrelas.







Os homes e mulleres que viviron aquí hai uns 8.000 anos fixérono nun verdadeiro paraíso de prados verdes e bosques.
Nelas poden verse animais propios da Sabana africana. E aos humanos que conviviron con eles, os seus deuses, os seus símbolos, os seus mitos.

Aquí tedes algúns exemplos. Fermosas, non si?




martes, 27 de septiembre de 2016

SABEDES QUE ...?

A COMIDA AFRICANA É MOI CURIOSA E MOI APETECIBLE?




África do norte

O cuscús é un dos pratos típicos na súa dieta. 

CUSCÚS


Resultado de imagen de CUSCÚS africano


África Oriental

 Un dos pratos coñecidos é o ugali, que é unha pasta similar á polenta (fariña de millo) que se acompaña con sopas e guisos. Temos tamén o matoke, que é un prato basicamente feito de plátanos.

UGALI

Resultado de imagen de UGALI africano


MATOKE

Resultado de imagen de MATOKE africano





África central

 O maní (cacahuete) e ají son algúns dos seus alimentos básicos, así como o plátano. Unha pasta de almidón e raíces de yuca é o acompañamento esencial de varios pratos. 

MANI


Resultado de imagen de MANI africano




AJI

Resultado de imagen de aji africano


África occidental

 O fufu é unha pasta feita a partir de tubérculos que serve para acompañar o guiso e a sopa.

FUFU


Resultado de imagen de FUFU africano

lunes, 26 de septiembre de 2016

RECOMENDACIÓN LITERARIA.

Este martes, temos outra recomendación literaria relacionada co noso proxecto. "E ti, que pintas" África.
Titúlase "OBAX", O autor e ilustrador é André Neves.





Quando o sol desperta, OBAX percorre a savana africana com a sua imaginaçao. Ela conhece girafas e outros animais selvagens, mas o seu passatempo preferido é contar historias! Algumas delas sao tao incriveis que mais parecem um sonho.

O TEDES NA BIBLIOTECA NA SECCIÓN DE NOVIDADES.

domingo, 25 de septiembre de 2016

jueves, 22 de septiembre de 2016

martes, 20 de septiembre de 2016

SABEDES QUE ...?

Ao longo deste curso, e xa que imos a coñecer tantas cousas sobre o fermoso continente africano, nesta sección coñeceremos cada mércores curiosidades sobre os distintos paises que forman este continente.
Empezamos hoxe con Sudáfrica.

OS SURAFRICANOS AMAN A CARNE

Os surafricanos están tolos pola carne e a grellada. As persoas fan grelladas en calquera lugar, mesmo en pequenos apartamentos. As grellas están tamén presentes nas áreas recreativas públicas, como as praias ou os parques nacionais. É común atopar pratos con diferentes carnes, antílopes, avestruces, jabalíes, cebras e crocodilos.

Resultado de imagen de churrasco en sudafrica

A FROITA TÍPICA DE SUDÁFRICA É A MARULA

En Sudáfrica a marula utilízase para mollos, marmeladas e licores. O froito é alazán e rica en vitamina C. 
Resultado de imagen de MARULA FRUTA AFRICANA



"O SEÑOR DOS ANEIS"

 Entre os surafricanos famosos atópase o autor do" Señor dos Aneis", J.R.R. Tolkien. 

Resultado de imagen de jrr tolkien


UN PAÍS MOI GRANDE E MOI FERMOSO

Sudáfrica ten unha extensión maior á de Alemaña, Holanda, Belgica, Francia e Italia Xuntos. 


Resultado de imagen de SUDÁFRICA



Resultado de imagen de SUDÁFRICA

lunes, 19 de septiembre de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Este martes vos recomendamos un libro novo que acaba de chegar á biblioteca: " Mundo de cores"


A asociación Viraventos ideou este conto para provover a educación intercultural na sociedade galega porque queremos unha infancia enriquecida pola diversidade, capaz de facer un mundo máís feliz, onde todas as persoas conten.

Empeza así: Ola, eu son Diara. Eu son galega e senegalesa.




Este fermoso libro o podedes atopar na nosa biblioteca, na sección de novidades.

Vide a por el!

domingo, 18 de septiembre de 2016

CONTOS CURTOS

O primeiro Conto Curto deste curso titúlase "Malaika a princesa". É a ferrosa historia desta princesa dun pais africano.

"Historias que se poden contar ás frores que garda a profunda voz da terra"

Disfrutádeo!





jueves, 15 de septiembre de 2016

AS NOSAS LETRAS.

Os venres no blog da biblioteca, dedicaremos esta sección a coñecer mellor a literatura galega máis actual. Iremos coñecendo a través de narracións en video, moitos dos nosos mellores contos en galego.

Este venres "A princesa do Caurel".

Disfrutádeos!!!







miércoles, 14 de septiembre de 2016

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

Este curso, como xa sabedes moitos, imos a coñecer a través do noso proxecto da biblioteca "E ti, que pintas?" un continente moi fermoso e moi querido por todos nós, xa que son moitos os compañeiros e compañeiras que naceron nel. Temos a gran oportunidade de que nos podan contar moitas cousas de países cono Nigeria, Senegal ... así que temos que aproveitala. Haberá, ao longo destes meses, moitas sorpresas relacionadas con África, e faremos todo o posible para que cando remate o curso este continente sexa un lugar do que nunca nos esqueceremos, e quen sabe, ao mellor algún día poderedes visitar. Para ir empezando esta interesante andaina, aquí tedes un video que montamos para todos vós.A música é de Cesarea Évora, unha cantante de Cabo Verde. Disfrutádeo!!!

martes, 13 de septiembre de 2016

BENVIDA

Benvidos e benvidas neste novo inicio de curso!!!

Un ano máis compartiremos desde os nosos blogues da biblioteca "Rakonto" e "Rakonto Pequeno" historias, anécdotas, contos, imaxes, curiosidades e moito, moito máis.
Para os que chegades novos ao colexio, a nosa especial benvida ao lugar máis máxico...

a Biblioteca.










Todos os recreos vos esperamos para que veñades a coller un libro en prestamo, ou vos sentedes a ler e se tedes que buscar información para un traballo este é o mellor lugar.

Ademais de ver o blog coas vosas titoras e titores na aula, tamén podedes acceder a él desde a páxina web do colexio: poñer en Google CEIP. Raquel Camacho.
Aquí tedes unha imaxe para saber onde tedes que buscalo.


Nese circulo vermello premedes co ratón e xa entrades no blog da biblioteca.

Seguiredes recibindo noticias.

Unha aperta grande do Equipo da Biblioteca.

Resultado de imagen de abrazos a libros