domingo, 12 de xuño de 2016

MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS.





Con este video queremos agradecervos a todas e a todos o voso traballo, participación e ilusión neste lugar común que é a nosa Biblioteca.
Sen vós, non existirían os coellos, nin brancos, nin doutra cor; nin os esquios; nin Tiririca Perereca e Jararaca; non saberiamos a que sabe a lúa, nin por suposto que os libros voan; nin tantas cousas máis...
Seriamos menos sabios, reiriamos menos e non teriamos algo moi importante que  nos une a todos, a imaxinación.
Moitas grazas a todos e a todas. O vindeiro curso máis e mellor.

Ah! E non esquezades algo moi importante, o pracer de ler un libro na praia, no campo, na cama ...



Ningún comentario:

Publicar un comentario