domingo, 12 de junio de 2016

MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS.





Con este video queremos agradecervos a todas e a todos o voso traballo, participación e ilusión neste lugar común que é a nosa Biblioteca.
Sen vós, non existirían os coellos, nin brancos, nin doutra cor; nin os esquios; nin Tiririca Perereca e Jararaca; non saberiamos a que sabe a lúa, nin por suposto que os libros voan; nin tantas cousas máis...
Seriamos menos sabios, reiriamos menos e non teriamos algo moi importante que  nos une a todos, a imaxinación.
Moitas grazas a todos e a todas. O vindeiro curso máis e mellor.

Ah! E non esquezades algo moi importante, o pracer de ler un libro na praia, no campo, na cama ...


video

jueves, 9 de junio de 2016

UN CONTO PARA ANA.





As gotas de choiva bulían pola xanela como nunha danza pretenciosa e a nena ollaba para elas como se fosen as derradeiras. As persoas grandes gardaban silencio desde había moitos días á procura dunha palabra, dun son que saíra daquela boca pequena que aliviara o  silencio.
A avoa puxéllare o nome de Ana, para que do dereito ou do revés a nena sempre o puidese ler. Cousas de vellas que querían alonxar os malos espiritos.
Co seu dedo pequeno, gordo e suave, a nena seguía as gotas de choiva que remataban o baile ao chegar ao final da xanela.
Mentres, a rendeeira da súa nai e as cacharelas do lume da cheminea, rompían, case con vergonza, o silencio, que esperaba o son da súa voz.
Do, Re, Mi, Fa, Sol … Do, Re, Mi, Fa, Sol – dixo anA.
O silencio descansou, cesou a choiva, a rendeeira parou e o cuarto encheuse de luz. O arco da vella, con agarimo abrazaou as montañas.

Este conto é para Ana, compañeira, mestra.
Bicos.

miércoles, 8 de junio de 2016

SABEDES QUE ...

ESTE MES DE XUÑO CELÉBRASE A NOITE MAIS MÁXICA DO ANO? É A NOITE DE SAN
XOÁN.


Cunha historia desta noite meiga, despedimos por este curso, esta sección de Sabedes que...?




Esta noite máxica desde os tempos máis remotos, e a que coincide coa celebración do solsticio de verán (a noite máis curta do ano), ten na nosa terra unhas características moi especiais. É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (purifican e fecundan), do orballo; e tamén do mundo vexetal.
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán tódolos membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.
Algunhas herbas varían segundo a zona, pero hai moitas que aparecen en todas elas. A estas forres de fermosos nomas, imos dedicar un pequeno espacio da nosa páxina.


As rosas son as primeiras:



Rosa Canina. Tamén chamada roseira, silva macho, rosal bravo, rosal do demo... ademais do arrecendo, ten propiedades tónicas e astrinxentes para a pel


Fento macho:



Tamén fieito, dentebrun, dentabrón... Cóntase deste fento que bota 'flores' a medianoite de San Xoán. Estas servirán para facer feitizos. No 'Ciprianillo' cóntase que pondo un lenzo baixo do fento a mañán estará cheo de demos pequenos. 
É velenoso, actúa como paralizante muscular.





Fiuncho, fiollo, fionllo...





 Protexe do mal de ollo. Un saquiño con sementes axuda a conserva-la saúde. Para manter lonxe as carrachas hai que levar unha ramiña no zapato esquerdo. Ten propiedades diuréticas e dixestivas. Úsase para lava-los ollos e axuda á secrección do leite.



Herba Luisa:




 verbena olorosa. Din que foi o costume de recoller esta planta ás doce da noite de San Xoán (as mozas casadeiras) a que fixo que o nome de verbena se extendese a tódalas celebracións nocturnas. Utilizábase para facer moitos ritos e feitizos amorosos. Ten propiedades dixestivas.






Herba de San Xoán:




 (Hypericum perforatum), pericón, abeluria, espantademos... a crenza popular era que ó queimala na casa, espantaba os demos. "A herba de San Xoán limpa a cara de grans". É cicatrizante, antiséptica, astrinxente, diurética e antidepresiva.





Malva:




 As propiedades desta planta son ensalzadas en moitos ditos populares: "Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar", "Cun pozo e un malvar, boticario dun lugar". Serve para a tos, queimaduras, picaduras de abellas...




Sabugueiro:




 sabugueiro, bieiteiro, saúco...Os froitos chámanse tamén uvas de bruxa. É bo para as inflamacións, é sudorífico e calma a tos. As propiedades intensifícanse cando San Xoán os bendice (nesta noite). É moi usado para espanta-los sapos e serpes.
Outras prantas máxicas adornan esta noite as paredes das casas e as fiestras. Ás veces son engados que fan os mozos ás mozas, pero tamén teñen a intención de escorrenta-los demos.




Romeu:






 alecrín, rosmariño... É unha das plantas máxicas, utilízase para purificar e protexer. Hai tempo queimábase cando había enfermos na casa. Oler a súa madeira conserva a xuventude. A súa esencia é tónica, estimulante, cicatrizante, boa para o reúma e fai crece-lo pelo.





Disfrutade da noite máis meiga, cos vossos amigos, coa vosa familia.
É unha noite de olores. Ulide, respirade.

É non esquezades mirar a lúa.

PASADEO BEN!!!

lunes, 6 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS


Despedímonos desta sección, claro que só durante as vacacións, cun contó titulado "Paco Papán", e ademáis cantado.

Esperamos que vos guste!









domingo, 5 de junio de 2016

CONTOS CURTOS.

Por este curso, aquí tedes o ultimo corto. O vindeiro ano, máis e a ser posible mellor.

É moi fermoso, disfrutádeo! Estas vacacións, polas noites, mirade as estrelas.



jueves, 2 de junio de 2016

VENRES DE POESÍA

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS AS POETAS POR PARTICIPAR NESTE XOGO POÉTICO. ESTOU SEGURA QUE A MANUEL MARÍA LLE ENCANTARÍAN OS VOSOS POEMAS, A NÓS, GUSTÁRONNOS MOITO.








O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Chifra como o vento
ou coma un furacán,
verde como un fento
é feliz como un can!

                                                   Diego Alonso Varela 4ºA



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Soa como os paxaros
é azul como o mar,
teñoo gardado no peto
para cando saioo xogar.

                                               Mariam Cristian 4ºA





O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Coas súas cores chifradas
ledas e de cor.
O meu chifre, que chifrado,
está o meu chifre chifrador.

                                         Yago Agra 4ºA




O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Eu teño un chifre divertido.
Eu teño un chifre bailador,
tan estudioso e tan pouco aburrido
tanto que mola un montón.

                                                    Saray Sánchez. 4ºA


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Son feliz co meu chifre,
tanto que me pon chifrado.
Se a ti non che gusta,
gustarache o chifrón.

                                               Alex Salgado 5ºB



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Eu son o chifre chifreiro
que tano chama a atención
e da tanta emoción
cando sae o sol.
Eu son o chifre chifreiro,
eu son o chifre chifrón.

                                                 Santi. 4ºA



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

O meu chifre chifreiro
me gusta un montón,
o meu chifre chifreiro
mola mogollón.


                                                          Alejandro Espiñeira. 4ºA


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.


Chifre chifreiro chifrón,
o toca o señor barrigón,
que non presta atención,
e non ten moita razón.

                                        Anthony 4ºA


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.


Ti tes un chifre chifreiro,
un chifre chifrón, 
eu teño un chifre,
que mola mogollón.

                                                          Alejandra González. 4ºA



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Mola moito
a todos lles gusta
O meu chifre chifrón
que é o mellor
e mola mogollón.

                                                                      Racula Nicoleta Constantin 4ºA


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.


Eu o toco sen parar
pola noite e pola mañá
a xente dí que teño que tocar, 
pero non sei en que lugar.

O meu chife Pepe
é moi alegre.
O meu chifre Adrián
é moi lacazán.

                                                               Carla Estraviz Suárez 4ºA


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Que a todos chama a atención
Meu chifre é o mellor,
atrae a bolboretas da cor do sol
e frores vermellas con brillo e cor.


Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.


Meu chifre, meu chifre,
que chifra sen parar
que cando estás triste
o meu chifre trae alegría no ar.

                                                        Natalia Snachez Sampedro. 5ºB



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

É algareiro e moi preguiceiro
pita sen parar,
e a todos fainos mal.


Pero é o meu chifre,
un chifre chifrón
algareiro e preguiceiro,
o meu chifre é o mellor.


Ë o meu amigo,
é o meu chifre chifrón,
quérolle moito
sempre dándolle amor.

                               Yonata B.M 5ºB


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Eu teño un chifre chifreiro
eu teño un chifre chifrón
que a todos o día alegra
a todos con amor.

                                 Samad Arif 5ºB



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Ti tes un chifre chifrador
que mo mercaches na feira
Que resoa na aldea enteira
o seu asubío!

Eu tiña un chifre de verdade
era un chifre verdadeiro
non quería que chifraras da palla
nen de casca de salgueiro!

Eu daba ordes co meu chifre,
andaba a ordenar nos chifraros.
Que floreceran as frores
que chiaran os paxaros!
Que madurasen as cerdeiras
as figueiras e as maceiras!
Que viñesen ben cargados
de xoguetes os Reis Magos!

                                              Diego Leivas5ºB

E TI, QUE PINTAS?

Só nos quedan dúas entradas de "E TI, QUE PINTAS?" para rematar o curso. O vindeiro ano teremos máis, seguiremos polo camiños das cores.

Aquí tedes un fermoso conto " A disputa das cores".

Esperamos que vos guste, artistas!!!