martes, 31 de maio de 2016

SABEDES QUE ..

OS VAGALUMES SON SORPRENDENTES NA OSCURIDADE?



Si vives nalgunha zona con espazos verdes e amplos, seguramente viches vagalumes no verán, e máis que nada na noite, cando podemos apreciar a súa luz que se acende. Sen dúbida, velos voando como lámpadas pequenas é un espectáculo que a natureza nos agasalla. Se queres coñecelos máis lé estas curiosidades sobre os vagalumes que che farán admiralos aínda máis:

Aseméllanse aos escaravellos

Os vagalumes adoitan asociarse máis ás moscas, e por iso en inglés chámanse firefly (fire é lume e fly é mosca). Pero en realidade parécense moito máis a un escaravello, e mesmo teñen ás duras como todos os insectos deste tipo.





Son bioluminiscentes

Teñen esa luz debido a unha reacción química que ocorre cando o osíxeno mestúrase cun compoñente chamado luciferina.

Os machos buscan parella

Cando vemos o despregamento das súas fermosas luces, xeralmente é que os machos están a buscar parella. Mentres tanto as femias sentan a esperar e utilizan as súas luces cando ven a un macho que lles gusta.

 Coreografía de luces simultáneas

Nalgúns sitios, os vagalumes sincronízanse para brilar e apagarse ao mesmo tempo, nun intento de atraer ás femias. Lamentablemente este fenómeno non se dá en todos lados, senón soamente no sur de Asia e en Tennessee, Estados Unidos. O espectáculo volveuse un evento turístico ao que acoden miles de persoas por ano.






 Os vagalumes poden ser venenosos

Non recomendamos comer vagalumes, porque ao verse atacados comezan un proceso que se chama sangrado reflexo onde liberan unha sustancia química de sabor amargo. Este compoñente é mortal para pequenos vertebrados como lagartixas e paxaros, e aínda que non son mortais para os humanos, si trae consecuencias graves. Entre quen de maneira involuntaria probárono dise que adormenta os beizos e non permite a respiración.







MAIS QUE FERMOSOS SON!!!

E AQUÍ TEDES UN CONTO TITULADO:

"O VAGALUME QUE NO QUERÍA VOAR"

(Adaptación dun conto popular tailandés"

Hai moitos, moitísimos anos, un bosque de Tailandia iluminábase cada noite grazas á luz dos vagalumes. Os animais formaban un enorme grupo que vivía en comunidade dentro dos buracos que había na cortiza dunha árbore milenaria.


Cando desaparecía o cálido sol de verán e un manto escuro cubríao todo, os vagalumes, moi xuntos, saían a bailar. Os seus corpos titilaban como pequenas estrelas resplandecientes. Centos de lucecitas iluminaban a noite, creando un espectáculo visual que emocionaba ao resto dos animais.
Todos os vagalumes gozaban dese ritual nocturno excepto unha, que nunca quería saír a voar coas demais. Ninguén entendía que lle sucedía. Ao contrario que as súas orgullosas compañeiras, ela prefería permanecer oculta no seu agocho da árbore.

Un día, a súa avoíña, unha das vagalumes con máis experiencia na arte da danza nocturna,  quedou falando con ela.

-Querida neta -  rumoreoulle cariñosamente -  Que che sucede? Nunca queres saír a voar connosco e non sabemos cal é a razón. É moi divertido e dános moita pena que sexas a única que non participe neste marabilloso xogo.

-Dáme moita vergoña, avoíña. Cando vexo a incrible lúa iluminando a noite coa súa brillante luz, síntome insignificante. Xamais poderei compararme con ela - contestou lloriqueando a pequena vagalume.

-Iso non é de todo certo, querida neta - quixo consolala a súa avoa . A lúa non sempre ilumina igual as noites do bosque.

A pequena vagalume puxo cara de estrañeza e non soubo que pensar.

- Non che entendo, avoíña. Que queres dicir?

-A lúa non brilla sempre igual, rapariga. Cando está chea, a súa luz invádeo todo e aclara a noite. Pero cando está a crecer ou minguando, o seu brillo é moito menor. Hai días que a lúa é tan diminuta, que, se non fóra por nós, o bosque parecería un escuro túnel. Eses días, o noso traballo cobra maior importancia porque temos a responsabilidade non só de embelecer o mundo en sombras, senón de servir de guías a todos os animais para que poidan orientarse na escuridade.


Que ben se sentiu a pequena vagalume trala explicación da súa avoa! Agora entendía que aínda que era pequeniña, a súa misión era moi importante para a vida do bosque.  A partir dese día, saíu puntual e rebosante de felicidade a compartir o máxico baile de luz coas súas compañeiras.



sábado, 28 de maio de 2016

xoves, 26 de maio de 2016

VENRES DE POESÍA

Hoxe desde o blog da biblioteca vos propoñemos escribir versos xunto co noso poeta reste ano das Letras Galegas.
Aquí tedes a primeira estrofa do poema titulado "O Chifre". Se vos apetece podedes traer os vosos poemas á biblioteca no recreo e lelos ou os deixades e os colocamos no corcho.

Animádevos, alegraríamos moito recibir algún dos vosos poemas!!!



O CHIFRE


Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algareiro
que a todos chama a atención.


A PARTIR DE AQUÍ, O POEMA É COUSA VOSA POETAS!!!

mércores, 25 de maio de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe o noso pintor tamén é galego, Leandro Lamas, o escolleron as compañeiras e compañeiros de 5º.
Aquí tedes unha entrevista feita por un xornalista moi novo, Alfonso Placer Gonzalez.








Este é un pequeno exemplo da súa obra:






























martes, 24 de maio de 2016

SABEDES QUE ...

HAI BOLBORETAS DUNHA FERMOSURA ESPECIAL?

Aquí tedes algunhas das máis fermosas:

BOLBORETA DE CRISTAL




BOLBORETA OITENTA E OITO




BLUE MORMON



BOLBORETA PIERIDAE




BOLBORETA PAVO REAL



BOLBORETA MOUCHO


BOLBORETA LYCANEADE


Neste video podedes ver á bolboreta Atlas, a máis grande do mundo:




xoves, 19 de maio de 2016

VENRES DE POESÍA

Pode que un dos poemas máis coñecidos de Manuel María sexa "O Carro". Este poema foi cantado por moitos grupos e galegos e non hai festa na que non cantemos este fermoso poema.

Animádesvos?








O CARRO

Non canta na Chá ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino como un asubío.
Anque é, ás vegadas, saudoso,
faise, no ar, rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
¡Que fermosa a súa feitura!
¡Que lixeireza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
¡Carrétame herba pró gando!

¡Traime a colleita pra casa!

                                              MANUEL MARÍA

E TI, QUE PINTAS?

Aquí tedes o video da saída de 6ºA á fermosa exposición na Fundación Abanca. Contemplamos obras de Picasso, Miró, Dalí, Chagall ... e tamén tivemos a oportunidade de expresar a través da nosa imaxinación, as nosas propias creacións.

                                    

venres, 13 de maio de 2016

xoves, 12 de maio de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe o noso pintor é galego e chámase Castelao. É o pintor elexido polas compañeiras e compañeiros da aula de 4ºB.


Naceu en Rianxo, mais con once anos tivo que marchar a vivir a Arxentina. Volveu anos máis tarde e rematou en Santiago de Compostela o bacherelato e máis a carreira de Medicina.
Pero unha enfermidade da vista e o seu interes polo debuxo, os libros e a  política, o alonxaron de exercer como médico.

Estas son dúas das súas caricaturas máis famosas, e polas que é coñecido no mundo enteiro:






Aquí tedes algúns dos seus debuxos. O primeiro titúlase " O neno das piñas". Nos outros  lede todos xuntos as frases e falade sobre o que queren dicir.



Nació en Rianxo, mas con once años tuvo que marchar a vivir a Argentina. Volvió años más tarde y finalizó en Santiago de Compostela o bacherelato y más la carrera de Medicamento. 
Pero una enfermedad da vista y o su interes por el dibujo, os libros y la política,  o alonxaron de ejercer cómo médico.

Estas son dos das sus caricaturas más famosas, y por las que es conocido en el mundo entero:







martes, 10 de maio de 2016

SABEDES QUE ...

É UNHA ESTRELA?

Unha estrela é unha enorme esfera de gas moi quente e brillante. As estrelas producen a súa propia luz e enerxía mediante un proceso chamado fusión nuclear. Cando isto sucede, unha tremenda cantidade de enerxía é creada causando que a estrela se quente e brille. Ás estrelas atopámolas nunha gran variedade de tamaños e cores.

O noso Sol é unha estrela amarela de tamaño medio. As estrelas que son máis pequenas que o noso Sol son avermelladas e as que son máis grandes que este son azuis.


E, sobre todo, son moi fermosas!!!








Una estrella es una enorme esfera de gas muy caliente y brillante. Las estrellas producen su propia luz y energía mediante un proceso llamado fusión nuclear. Cuando esto sucede, una tremenda cantidad de energía es creada causando que la estrella se caliente y brille. A las estrellas las encontramos en una gran variedad de tamaños y colores.
Nuestro Sol es una estrella amarilla de tamaño medio. Las estrellas que son más pequeñas que nuestro Sol son rojizas y las que son más grandes que este son azules.



Y, sobre todo, son muy hermosas!!!

luns, 9 de maio de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS.

Hoxe imos a recomendar un libro de poemas e, como non podía ser doutro xeito, do poeta ao que se adican as Letras Galegas deste ano. Podedes atopalo na biblioteca.

O libro titúlase "Os soños na gaiola", do que xa estivéchedes lento algún poema nos venres de poesía no blog.
Deste libro dixo o propio autor:


" son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco" . .




Ademáis algúns dos poemas deste libro, foron musicados por Uxía e Magín.

domingo, 8 de maio de 2016

xoves, 5 de maio de 2016

VENRES DE POESÍA

Seguimos coa nosa escolma de poemas dedicada ao poeta e escritor Manuel María, do que xa estamos preto de celebrar este ano o seu día, o Día das Letras Galegas.




                   SEÑOR GATO


Señor Gato:
atención;
no rincón
hai un burato;
no burato
está o rato
caladiño,
acolchadiño,
sen falar
nen respirar.


-Señor Gato,
pon sentido,
que metido
no burato
está o rato.


-Señor Gato;
está o rato
no burato
do rincón:
¡ten nun puño
o corazón!


-Non dubido,
Señor Gato
bigotudo,
que está o rato
no burato.
Ten as unllas
afiadas,
cravuñadas,
preparadas:
bule axiña
que se non
Señor Gato
bigotón,
¡Do burato
foxe o rato!


                                              Manuel María

mércores, 4 de maio de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe imos a coñecer ao pintor escollido polas compañeras e compañeiros de 4ºA: Pablo Picasso




SABEDES QUE ...

OS CARACOIS SON MOI INTERESANTES?


1- O caracol de terra máis grande é o caracol xigante africano (Achatina fulica) que pode medir ata 30 cm.

El caracol de tierra más grande es el caracol gigante africano (Achatina fulica) que puede medir hasta 30 cm.


2- Tarda unha hora en camiñar 5 centímetros.

tarda una hora en andar 50 cms

3- Poden poñer ata 100 ovos ao mes.

Cada puesta de un caracol puede tener hasta 100 huevos, y son capaces de poner huevos una vez cada mes.

4- O caracol máis grande é o Syrinx Aruanus. Unha especie mariña que vive en Australia.

El caracol más grande de todos los caracoles es el Syrinx aruanus, una especie marina que vive en Australia.

5- Os sentidos máis desenvolvidos son o tacto e o oído.

Los sentidos más desarrollados del caracol son el tacto y el oído.

6- Poden vivir en 3 e 7 anos según a especie. Algúns poden chegar a vivir 30 anos.

la media de vida de un caracol esta entre 3 y 7 años, segun su especie, aunque algunos llegana a vivir mas de 30 años

7 - O caracol máis pequeno do mundo mide case 1mm, é o caracol anano.

El caracol más pequeño del mundo mide casi 1 mm, es el caracol enano (Punctus pygmaeum).


A que son moi interesantes os caracois!!!



martes, 3 de maio de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS







Na casa de Guille escoitanse ruídos estraños e ata a súa propia mamá está asustada. Pero Guille atopa a fórmula para desenmascarar os medos.

Atopará Gato Guille a fórmula?