jueves, 28 de abril de 2016

VENRES DE POESÍA





O CARACOL


Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro
pon ós teus cornos ó sol
xa que es tan frioleiro!

Ao lombo levas a casa,
caracol, caracoleiro:
e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!

Caracol, col, col;
caracol caracolón;
pon os teus cornos ó sol

ó sol os teus cornos pon!

                                                Manuel María

E TI, QUE PINTAS?

Seguimos coñecendo á pintora elexida polos compañeiros e compañeiras de 3ºA e B.

Maruja Mallo



Esta orixinal pintora naceu en Viveiro (Lugo) o 5 de xaneiro do ano 1902.
Foi unha das artistas máis importantes do século pasado. Algúns dos seus cadros, forman xa parte da historia da pintura universal.
Aquí algúns deles:




E aquí a tedes a ela outra vez. Fantástica Maruja Mallo!


Maruja Mallo

Esta original pintora nació en Viveiro (Lugo) el 5 de enero del año 1902.
Fue una de las artistas más importantes del siglo pasado. Algunos de sus cuadros, forman parte de la historia de la pintura universal.


martes, 26 de abril de 2016

SABEDES QUE ...

O 22 DE ABRIL E O DÍA DA TERRA?




AQUÍ TEDES UN VIDEO PARA PENSAR, REFLEXIONAR, SE ESTAMOS TRATANDO COMO DEBERÍAMOS O NOSO PLANETA.


RECOMENDACIÓNS LITERARIAS.







Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida…   



Tres hermanos, desatendiendo las advertencias de la madre, se internan en un bosque oscuro y misterioso, donde cualquier cosa puede suceder. El más pequeño, temeroso y consciente del peligro, trata de avisar a los dos más viejos, pero cuando tiene que tomar una decisión acaba por acompañarlos. Como no saben el camino de vuelta, deciden entrar en la casa de la bruja, donde huele la comida ... 

jueves, 21 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO NO NOSO BLOG. E TI, QUE PINTAS?

Sen dúbida, nesta semana dedicada ao libro no noso blog, non podían faltar as ilustracións. Eses debuxos que dan formas e cores ás palabras.

As orixes da ilustración son anteriores ao invento da imprenta, remóntanse á Idade Media cando os libros manuscritos eran acompañados por debuxos ou imaxes que facían referencia aos textos.

En Galicia temos uns e unhas ilustradoras magníficas. Para mostra ...


Alberto García Ariza


Alberto Gomez (Ollo)


Alicia Suarez


Anxo Fariña


Fran Bueno


Iria Fafián Alonso


Siro


Viki Berre


Rebeca Varela


Laura Veleiro



Fermosas ilustracións. Marabillosas as nosas ilustradoras e ilustradores, non si?

martes, 19 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO NO NOSO BLOG. RECOMENDACIÓN LITERARIA.

Hoxe a nosa recomendación literaria ten que ser especial, para iso estamos na semana do libro. Se hai un libro que emocionou e o sigue a facer na literatura galega, ese é "Memorias dun neno labrego" o seu autor chámase Xosé Neira Vilas.

Este é o seu fermoso inicio:

Eu son ...

Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademáis, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña.


A que agora queredes saber que lle fixo Balbino a Manolito!!!

O LIBRO:



O AUTOR:





Hoy nuestra recomendación literaria tiene que ser especial, para eso estamos en la semana del libro. Si hay un libro que emocionó y lo sigue haciendo en la literatura gallega, ese es "Memorias de un niño labrador" su autor se llama Xosé Neira Vilas.

Este es su hermoso inicio:

Yo soy ...

Balbino. Un chaval de aldea. Como quien dice, un nadie. Y además, pobre. Porque de la aldea también es Manolito, y no hay quien le tosa, a pesar de lo que le sucedió por causa mía.


A que ahora queréis saber que le hizo Balbino a Manolito!!!

SEMANA DO LIBRO NO NOSO BLOG. CONTOS CORTOS

Os libros tamén teñen o seu día de celebración, o 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. A todos e a todas as que vos gustan os libros,  xa sabedes que celebramos todos os días ter un bo conto para ler, mais tamén é certo que non está nada mal, que cada ano, durante un día, en moitas partes do mundo, se celebre a súa existencia que tanto goce nos produce cando nos mergullamos nas súas páxinas.

Durante esta semana iredes atopando fotografías de nenos e nenas do colexio que gozan vindo á biblioteca a ler.

Aquí tedes as dúas primeiras e a continuación o Conto Corto, que titúlase "One more page" (Unha páxina máis)

Seguro, que algunha vez, tamén vós dixechedes iso de : por favor, unha páxina máis!












QUE BO TÍTULO PARA EMPEZAR ESTA SEMANA!!!





jueves, 14 de abril de 2016

VENRES DE POESÍA

O meu barco é un fermoso poema de Manuel María, que foi musicado polo cantante Suso Vaamonde.
E aquí tedes a versión cantada e a letra do poema.

Animádesvos a cantala!





O MEU BARCO



Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil rios
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andiven tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete

sin salir do meu fogar!

                                                    Manuel María

E TI, QUE PINTAS?

As compañeiras e compañeiros das aulas de 3º A e B, escolleron como pintora a Maruja Mallo. A súa orixinal obra non vos deixara indiferentes.

Dixo o poeta Federíco García Lorca dos cadros de Maruja Mallo: " Os seus cadros son, de todos os que levo visto, os pintados con máis imaxinación, emoción e sensualidade"


Ollade este video!!!



martes, 12 de abril de 2016

SABEDES QUE ...

 





                                                                        ?

lunes, 11 de abril de 2016

RECOMENDACIÓN LITERARIA

Cocorico é un poliño que vive feliz coa súa nai. Un día, Mamá Galiña vai facer un biscoito e o poliño ofrécese a buscar leña para acender o forno.

Cando está en plena faena ...














domingo, 10 de abril de 2016

miércoles, 6 de abril de 2016

VENRES DE POESÍA


CAMPÁS

Ergue, meu neniño,
ergue, lacazán.
que as campás xa tocan
con ledo din – dan.
_¡Ledas campaíñas,
xa tocando están
que chegou a ialba
chamando á mañán!
_Tocan as campás
e andan a falar
cousas moi fermosas
por todo o lugar.
_¡Falan as campás
con voz de metal:
o seu canto voa
dende o monte ao val!
_Érguete, meu neno,
porque o campaneiro
deixa de tocar
se eres preguiceiro!
_As ledas campás
xa non tocarán
¡se eres preguiceiro,
se eres nugallán!


Manuel María: Os soños na gaiola,1990.

E TI, QUE PINTAS?

Seguimos co noso pintor desta semana Georges Pierre Seurat. A técnica coa que pintaba, chámase puntillismo.
Neste video poderedes aprender a pintar cadros como Seurat.

Vos atrevedes! Quen dixo medo!



NOTA INFORMATIVA

Debido ás actividades que teñen as aulas de 6ºA e 6ªB o venres 22 no Ágora, a celebración do Día do Libro, que este ano coincide en sábado, farémola o Luns 25. Ese mesmo día tamén teremos, pola tarde de 17:00 a 18:00 horas o Club Lector "Os Tusitalas" en familia. Será unha sesión moi especial.
Estades tod@s invitados. O libro é : "O neno co pixama de raias".

(Publicarase o programa de actividades neste Blog)

Unha aperta literaria. 






Debido a las actividades que tienen las aulas de 6ºA e 6ºB , el viernes 22 en el Ágora, la celebración del Día del Libro, que este año coincide en sábado, la haremos el lunes 25.
Ese mismo día tendremos por la tarde una sesión del Club Lector "Os Tusitalas" en familia.
Estais tod@s invitad@s. El libro es: "El niño con el pijama de rayas"

Un abrazo literario.

SABEDES QUE ...

No patio da Comisaría da Policía Local de A Coruña, hai unha árbore chamada "Metrosidero" que ten entre 200 e 500 anos?

Non se sabe que trouxo a semente, nin cando foi plantado. Se sabemos que a orixe desta especie tan fermosa está en Nova Zelanda e que a súa presenza na Coruña pon en dúbida que foran os ingleses os primeiros en pisar terras neozelandesas.

O certo é que alguén a plantou e nós temos o pracer de contemplar esta impresionante árbore.




Fermoso, non si?


En el patio de la Comisaría de la Policía Local de A Coruña, hay un árbol llamada "Metrosidero" que tiene entre 200 y 500 años.

No se sabe quien trajo la semilla, ni cuando fue plantado. Si sabemos que el origen de esta especie tan hermosa está en Nueva Zelanda y que su presencia en A Coruña pone en entredicho que habían sido los ingleses los primeros en pisar tierras neozelandesas.

Lo cierto es que alguien la plantó y nosotros tenemos el placer de contemplar este impresionante árbol.