mércores, 27 de xaneiro de 2016

DÁMONOS UNHA APERTA?

"Non quero que se acabe este abrazo, non deberíamos aceptar a caducidade do paraiso"
Do poeta Marwan Abu-Tahoun.











Abrazarse é moi beneficioso para todos os seres vivos. Activa no cerebro a liberación de sustancias como serotonina e dopamina o que nos provoca unha sensación de benestar, sedación, harmonía e plenitude no momento en que se dá.


 Todos funcionariamos mellor durante o día, se abrazásemos ou nos deixásemos abrazar.

 Cando damos un abrazo afirmamos a capacidade de descubrir a tenrura e a alegría que hai en nós e a riqueza interior que temos.


 Din que o tacto é o primeiro sentido que se nos desenvolve e probablemente sexa o último que perdemos.

 O abrazo é unha das formas máis puras de manifestar afecto e agarimo.



Catorce é a cantidade de abrazos que calquera persoa necesita recibir cada día para manter cubertas as necesidades afectivas básicas. Á falta deste contacto denominóuselle en psicoloxía "fame de pel".



Cun abrazo logramos dicir o que sentimos, xa que hai veces que por timidez ou porque os sentimentos atafégannos é difícil expresalo con palabras.


 Hai moitas formas de tocar, o abrazo é unha moi especial xa que contribúe dun modo moi importante á curación e a saúde.


.

"Free hugs" é o popular movemento de abrazos gratuítos, iniciado por Juan Mann, un home cuxa única misión era estirarse e abrazar a un estraño para iluminar a súa vida.





DESDE A BIBLIOTECA VOS PROPOÑEMOS QUE O VENRES, XA QUE CELEBRAMOS  
O DÍA DA PAZ, QUE MELLOR QUE DARNOS ABRAZOS.

XA VEREDES COMO IMOS A ENCONTRARNOS MOITO MELLOR!
FAGAMOS UN MURO FOTOGRÁFICO DE APERTAS!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario