martes, 8 de decembro de 2015

SABEDES QUE ...

MOI PRETO DE A CORUÑA HAI UN LUGAR MÁXICO QUE SE CHAMA "O PASATEMPOS"?

O que máis chama a atención cando chegamos a este lugar máxico é, ademais das grutas e pasadizos subterráneos, o estanque do Retiro.

Seguimos polos murais que reproducen medios de transporte como o aeroplano, o dirixible, o funicular, mapas da Canle de Ges, un mergullador escafandrista, a pirámide de Keops, o mural de reloxos cos fusos horarios mundiais, a mesquita de Mohamed Alí, elementos da mitoloxía, animais exóticos, un hipopótamo, un elefante, un xigantesco león…


E no nivel superior, situáse o xardín botánico con especies dos cinco continentes.
Mirade que fermoso é. Animádevos a visitalo!












Ningún comentario:

Publicar un comentario