luns, 30 de novembro de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS MARTES


Coñecedes á Cebra Camila? Sabedes que a pobre ten un problema?

Na nosa biblioteca podedes ler este conto tan divertido.




Así de guapa é:


xoves, 26 de novembro de 2015

VENRES DE POESÍA

Hoxe nos venres de poesía, cantando versos imos facer barquiños de papel.





Con la mitad de un periódico
hice un barco de papel;
en la fuente de mi casa
lo hice navegar muy bien.

Mi hermana con su abanico
 sopla y sopla sobre él.
¡Buen viaje, muy buen viaje,

                            barquichuelo de papel!

E agora, a cantala todas e todos!


CANTO CONTO TES

Hoxe no recreo, Uxúe e Uxía, compañeiras de 3º B, van a demostrarnos canto conto teñen. O conto será para os nenos e nenas de 3 anos.

Queredes saber algo das nosas narradoras?

A Uxúe, gustáballe de pequena o conto "As horas", porque a través da historia ía aprendendo as horas. O seu momento preferido do día para ler é entre lusco e fusco.

A Uxía, gustáballe moito que lle contaran o conto " Dulces sonos para nenas", porque era de fadas e lle axudaba a durmir. Aínda o ten gardadiño. O seu momento preferido para ler e pola noite.

AQUI AS TEDES!


martes, 24 de novembro de 2015

SABEDES QUE ...

ONTE, MARTES 24, HAI CORENTA E UN ANOS QUE SE DESCUBRIU A LUCY?

E, AGORA TODOS E TODAS PREGUNTAREDES: - QUEN É LUCY?

AQUÍ TEDES UNHA FOTOGRAFÍA:



Lucy é o esqueleto máis famoso do mundo. Hai 41 anos, un grupo de paleontólogos descubriu en Hadar, ao nordés de Etiopía, o conxunto de restos fósiles dun australopiteco que viviu hai moitos millóns de anos. Era unha femia de 1,1 metros , de altura. Un pouco baixiña, non si?

O seu descubrimento é moi impotante para saber como eran os humanos que viviron antes ca nós, e así saber como fumos evolucionando.
Encontrouse case a metade do esqueleto, e grazas a iso, sabemos que xa andaba de pé, algo que agora parécenos normal, pero que non sempre foi así.


Era o 24 de novembro de 1974 cando se fixo o descubrimento e na radio soaba “Lucy in the sky with diamonds”, o éxito dos Beatles, así que ao paleontólogo Donald Johanson pareceulle boa idea darlle á parte do esqueleto que acababa de descubrir o nome de Lucy.

AQUÍ TEDES A CANCIÓN DOS BEATLES:




luns, 23 de novembro de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA.

Xa estamos preto do Nadal, por iso vos recomendamos este libro, que seguro vos vai a gustar moito.





Como resolverá Matías este problema?

xoves, 19 de novembro de 2015

VENRES DE POESÍA


O noso poema deste venres está cheo de letras.

VOCALES

A de la mar,
E del ayer,
I del jazmín,
O del amor,
U del azul.
La a flota en el agua
que acuna el mar.
La e vive en los sueños,
en la espuma y la pared.
La i tiene una isla
donde vive feliz.
La o se moja en el río,
se oculta bajo la flor;
Y la u duerme en la ducha,
el humo y el avestruz.
A de la mar,
E del ayer,
I del jazmín,
O del amor,
U del azul.

Queredes cantalo? Pois escoitade.


mércores, 18 de novembro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe imos a coñecer a un artista moi especial: Fernando Botero.





Pintor e escultor, é un dos artistas vivos máis importantes da nosa época. Botero naceu en Medellín, Colombia, en 1932. O seu pai  era vendedor de mercadorías e percorría as montañas da súa terra levando os seus produtos de pobo en pobo a lombo de mula.
Fernando comezou a debuxar desde moi novo e os seus primeiros temas foron as corridas de touros, ás que asistía cun tío. Pintaba acuarelas de temas taurinos e vendíaas nas portas da praza de touros.


Como ides ver unha das máis importantes características da súa obra e que non só as persoas, senón tamén os animais, as flores, as froitas e os obxectos son de formas redondeadas e desproporcionadas.

Mirade que figuras e que cores mais fermosas!








martes, 17 de novembro de 2015

SABEDES QUE ...

NO REINO ANIMAL EXISTEN DATOS MOI CURIOSOS E SORPRENDENTES?

IMOS VER CAL É ...

O animal máis dormilón:

O koala, pasa 22 horas ao día durmindo.







O máis solitario:

O Panda xigante, pasa só a maior parte da súa vida.




O animal máis forte:

Hai moitos, pero a formiga é capaz de levantar pesos equivalentes a 20 veces o do seu propio corpo.




O animal máis ruidoso:

Entre os mamíferos mariños destaca a balea azul, capaz de emitir sons máis fortes que un avión a reacción.




Entre os mamíferos terrestres, o mono araguato. Os seus berros son escoitados a quilómetros de distancia.




Entre os insectos destacan as chicharras que poden oírse a 400 metros de distancia.








O animal que pasa máis tempo comendo:

O elefante africano. Necesita consumir 200 quilos de herba, tarefa á que dedica 16 horas ao día.



O VINDEIRO MÉRCORES MÁIS!