mércores, 21 de outubro de 2015

E TI, QUE PINTAS?


Xa vimos as pinturas nas covas, as que facían os exipcios, e agora imos a coñecer as que facían os gregos.

Hai moitos miles de anos naceu unha civilización,  que está situada en Grecia, e os seus habitantes son os gregos.
Eran todos moi cultos e tiñan grandes escritores, escultores, arquitectos e pintores. Ademáis en Grecia eran moi deportistas, tanto que alí naceron os Xogos Olímpicos.
Mirade que edificios mais fermosos construían. A primeira imaxe é a do templo dedicado ao deus Zeus




Mais como nós estamos aprendendo sobre pintura, aos gregos o que lles gustaba moito era pintar ánforas, que son vasos de porcelana moi decorados con pinturas. Nesas pinturas, os gregos contaban historias de batallas e da vida cotiá. Tamén as dedicaban aos deuses, xa que eles tiñan moitos deuses.





Vos animades a pintar un vaso de barro, contando algunha historia!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario