martes, 27 de octubre de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Imos coñecer a un pintor chamado Vincent Van Gogh, e van a ser uns nenos e nenas que nos conten a súa vida.
Vincent é un pintor "Impresionista". 
Os impresionistas son os pintores aos que lles gustaba pintar paisaxes de campo, de cidade, autoretratos, e tamén escenas da vida cotiá. Pero o facían con pinceladas moi pequeniñas, de tal modo que se nos colocamos moi cerca dos seus cuadros só veremos pequenas manchas, mais cando nos alonxamos vemos unha fermosa paisaxe, ou unha ponte, unhas bailarinas...


lunes, 26 de octubre de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA

Estamos no Samín, o colexio está cheo de cabazas, e o conto "Corre, corre cabaciña", xa é un clásico nestas datas.
Aquí o tedes, disfrutádeo!


jueves, 22 de octubre de 2015

VENRES DE POESÍA

Este venres o noso poema cóntanos a historia dunha xirafa con gafas. Que cousas!


 
LAS GAFAS DE LA JIRAFA



A la jirafa
le han puesto gafas,
porque desde allá arribota
no ve ni jota.

Creyó que un enorme pino
era un jirafo muy fino
que le iba a hacer la corte;
¡vaya corte!

Que un erizo con un año
era una esponja de baño
y se lavó en bañador;
¡qué dolor!

Que la serpiente Consuelo
era un lazo para el pelo
y la llevó en la cabeza;
¡qué belleza!

Que un avestruz con sombrero
era un hermoso florero
y lo colocó de adorno;
¡qué trastorno!

Y que era Alejo el Cangrejo
un despertador muy viejo
que atrasaba con frecuencia;
¡qué paciencia!

A la jirafa
le han puesto gafas,
porque desde allá arribota
no ve ni jota.

Carmen Gil.

miércoles, 21 de octubre de 2015

E TI, QUE PINTAS?


Xa vimos as pinturas nas covas, as que facían os exipcios, e agora imos a coñecer as que facían os gregos.

Hai moitos miles de anos naceu unha civilización,  que está situada en Grecia, e os seus habitantes son os gregos.
Eran todos moi cultos e tiñan grandes escritores, escultores, arquitectos e pintores. Ademáis en Grecia eran moi deportistas, tanto que alí naceron os Xogos Olímpicos.
Mirade que edificios mais fermosos construían. A primeira imaxe é a do templo dedicado ao deus Zeus




Mais como nós estamos aprendendo sobre pintura, aos gregos o que lles gustaba moito era pintar ánforas, que son vasos de porcelana moi decorados con pinturas. Nesas pinturas, os gregos contaban historias de batallas e da vida cotiá. Tamén as dedicaban aos deuses, xa que eles tiñan moitos deuses.





Vos animades a pintar un vaso de barro, contando algunha historia!!!

martes, 20 de octubre de 2015

SABEDES QUE ...

O CEREBRO É O XEFE DO NOSO CORPO?


Como é que lembras o camiño á casa dun amigo? Por que parpadeas sen sequera pensalo? De onde veñen os soños? O teu cerebro está a cargo destas cousas e de moitas outras máis.

De feito, o cerebro é o xefe do teu corpo. Dirixe todo, controlando case todo o que fas, aínda cando estás a durmir. Isto é incrible, tendo en conta que parece unha gran esponxa gris e engurrada.

Nestes videos Fundi vos explica como funciona o noso cerebro, unha tarefa moi difícil.


RECOMENDACIÓN LITERARIA.





Moitas grazas Iker por lembrarnos o divertido que é a Banda Deseñada!

sábado, 17 de octubre de 2015

jueves, 15 de octubre de 2015

VENRES DE POESÍA

Viajando por un libro 


¡Cu-cú!
Cantaba una cabra,
vestida de gala
sobre una manzana.
¡Miau!
Maullaba una mula,
mientras pintaba el cielo
sobre una grúa.
Podían nadar las aves
y volar los cocodrilos.
¡Llevaban pañales
los grillos!
Y todo esto sucedió,
viajando por un libro…
Sabedes porque este poema titúlase "Viaxando por un libro"?

E TI, QUE PINTAS?

O pasado xoves coñecimos as pinturas nas covas, hoxe imos saber como son as pinturas que facían os exipcios. 
A eles gustáballes moito pintar nos muros, nas paredes.



Desde hai máis de 5,000 anos os exipcios comezaron a crear as súas sofisticadas e coloridas pinturas de deuses e reis, de dramáticas batallas e de tranquilas escenas da vida familiar.
Tiñan un xeito moi peculiar de pintar o corpo humano.
As cabezas, as pernas e os brazos sempre as mostraban de lado, mentres que o peito e o ollo mostrábanos de fronte.




Fabricaban os seus pinceis con fibras sacadas das plantas e atábanas a unha vara delgada de madeira.

As cores preparábanas moendo pedras de diferentes cores e mesturábanas con algún tipo de pegan.


Mirade que doado é facer un pincel!! Que apañadiños os exipcios!


martes, 13 de octubre de 2015

SABEDES QUE ...

TODOS OS SERES VIVOS TEMOS ALGO QUE SE CHAMA, SENTIDOS?

Cando falamos dos sentidos, referímonos a: vista, oido, tacto, olfato e gusto.

Imos ver algunha curiosidades dos sentidos nos seres vivos:

Ollos diferentes:

-As aves de presa, poden ver a longas distancias. Os seus ollos son capaces de ver un ratiño desde unha gran altura.

-Moitas arañas teñen oito ollos, pero para ver usan dous grandes que teñen na fronte. Os ollos pequenos detectan calquera movemento.

-O camaleón permanece inmóbil mentres axexa aos insectos. Os seus grandes ollos saltones poden virar e ata ver en dúas direccións á vez.



-O ollo da libélula ten 30.000partes. Cada unha é como un ollo diminuto, que lle permite ver varias imaxes a alta velocidade para detectar presas rápidas.



O oído animal:

-Hai orellas de todos os tamaños. As do elefante africano son as máis grandes: miden ata dous metros de longo.


-Os elefantes oen sons afastados que a nós escápansenos. Poden percibir a profunda chamada doutro elefante a quilómetros de distancia.



-Certos insectos teñen oídos en lugares insólitos. Os grilos téñenos nas patas dianteiras. O saltamontes tenos aos lados do corpo.



O oído e o equilibrio:

-Podes marearte ao viaxar en barco. Os teus oídos dinlle ao cerebro que te estás movendo, pero os teus ollos indican o contrario.

-Se dás voltas e te detés de súpeto, os teus oídos non alcanzan a enviar á mensaxe ao cerebro. É o que sentes cando te mareas.

-Os e as ximnastas non se marean porque repiten os seus movementos unha e outra vez, o cerebro acaba afeito a eses sinais.




Oír baixa a auga:

-O océano parece un mundo silencioso, pero non o é. Pola auga viaxan máis sons que polo aire, e os peixes, as baleas e outras criaturas escóitanos.


-Os oídos das baleas son só un buratiño diminuto a cada lado da súa cabeza. Pero iso non lles impide oír  ben: unha balea amolada pode oír a chamada doutra a quilómetros de distancia.




O mundo dos cheiros:

-Os osos teñen un olfacto moi fino para atopar a comida. Un oso polar cheira á súa presa a 20 Km de distancia.



-Os topos viven baixo terra, onde está tan escuro que os ollos non lles serven de moito. O topo oriéntase mediante o olfato e o tacto.




-O raposo usa o cheiro para protexerse. Se un inimigo achégase, lánzalle un chorro moi oloroso desde unha parte próxima á súa cola, como advertencia.

-Cando un gato restrega as súas fazulas contra algo está a deixar unha mensaxe aromática: Aquí estiven eu. Este é o meu lugar.

O gusto animal:

-Os animais tamén teñen papilas gustativas, pero ignoramos como lles sabe a comida. É probable que usen o olfacto e o gusto para saber que convén comer.

-Tigres e gatos domésticos teñen linguas sensibles. Recoñecen diferentes sabores na auga que beben.


Tamén cos seus bigotes, chamadas barbas, proban a comida.

-As bolboretas proban a comida coas patas e coa boca. Así saben onde se detiveron antes de desenrolar a súa lingua para comer.




Tacto animal:

-Os animais tamén senten coa pel, pero algúns senten doutra maneira. Algúns teñen bigotes moi sensibles que lles axudan a recoñecer a súa contorna.

-A punta da trompa do elefante é a parte máis sensible do seu corpo. Con ela fai moitas cousas: Desde golpear ás súas crías ata levantar unha folla.

-A araña agarda na súa tea á súa presa. Os pelos que ten nas patas senten o máis leve movemento.


-O mapache ten patas e bigotes moi sensibles. A sensibilidade aumenta coa humidade, e quizá por iso o mapache humedécese as mans antes de comer.


COMO VEDES OS SENTIDOS SON MOI IMPORTANTES PARA A VIDA DE TODOS OS SERES VIVOS, E ESTÁN CHEOS DE CURIOSIDADES.

jueves, 8 de octubre de 2015

VENRES DE POESÍA

E seguimos cos poemas, sempre alegres, de Gloria Fuertes.
O deste venres titúlase: 

"Mi cara"

En mi cara redondita
tengo ojos y nariz,
y también una boquita
para hablar y para reír.

Con mis ojos veo todo,
con la nariz hago achís,
con mi boca como como
palomitas de maíz.



miércoles, 7 de octubre de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Aquí tedes un fermoso conto, nel descubriredes como vivían as personas hai moito tempo. E poderedes saber cales foron as primeiras pinturas que fixeron os humanos.

Só tedes que facer click no enlace.

http://www.flipsnack.com/559AF797C6F/f1c3e9pt.html

martes, 6 de octubre de 2015

SABEDES QUE ...

O NOSO CORPO ESTÁ CHEO DE COUSAS CURIOSAS?

- Para rir precisamos 17 músculos e para estar tristes 43. Así que é mellor rir, desgastamos menos músculos e somos máis felices.



- No momento de nacer temos 300 ósos, mais segundo imos crecendo quedámonos con 206, é dicir, con menos ósos. Isto débese a que ao nacer pasamos por un sitio tan estreito que precisamos ósos moi finos e pequenos, que cando nos facemos maiores perdemos.



- Sabedes cal é o óso máis duro  do noso corpo? É a mandíbula.

E agora ides a escoitar os sóns do noso corpo, xa que podemos facer moitos.
Mirade cantos!!!



lunes, 5 de octubre de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS MARTES

Hoxe vos traemos un conto, que aínda que xa leva uns anos publicado, é moi do noso gusto. Titúlase "A que sabe a lúa".
Algunha vez vos preguntáchedes a que sabe a lúa? Nos vos apetecería probala, só un mordisquiño?

Aquí tedes a portada e unha das ilustracións.



domingo, 4 de octubre de 2015

jueves, 1 de octubre de 2015

VENRES DE POESÍA

Durante o mes de outubro e parte de Novembro, imos dedicarlle os "Venres de poesía" á poeta Gloria Fuertes.
Aquí a tedes:



BREVE BIOGRAFÍA:

Gloria Fuertes, naceu o 28 de xullo de 1917 en Madrid. A súa nai era costureira e o seu pai porteiro.
Aos catorce anos pasou ao Instituto de Educación Profesional da Muller, onde se diplomou en Taquigrafía e Mecanografía; Gramática e Literatura, deixando claro que o seu era contar historias e gañarse o agarimo dos nenos e nenas a través dos seus fermosos versos.

TITULO DO POEMA: "Para dibujar un niño hay que hacerlo con cariño"

Pintarle mucho flequillo,
que esté comiendo un barquillo;
muchas pecas en la cara que se note que es un pillo;

Continuemos el dibujo: redonda cara de queso.
Como es un niño de moda, bebe jarabe con  soda.
Lleva pantalón vaquero con un hermoso agujero;
camiseta americana y una gorrita de pana.

Las botas de futbolista, porque chutando es artista.
Se ríe continuamente, porque es muy inteligente.
Debajo del brazo un cuento por eso está contento.
Para dibujar un niño hay que hacerlo con cariño.