RAKONTO PEQUENO
Blog da biblioteca para os pequerrechos e pequerrechas do CEIP Raquel Camacho
martes, 23 de abril de 2024
SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA
SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA
xoves, 18 de abril de 2024
VENRES DE CONTO
Ola amiguiños e amiguiñas, e xa para despedir a semana, o noso conto do venres! Hoxe un dos nosos favoritos..., O Grúfalo.
Gozade da fin de semana.
Bicos Herculinos!!!!
martes, 16 de abril de 2024
LIBROS E CINE
Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe vos deixamos un clásico da literatura, a película basada no conto "Alicia en el país de las maravillas".
Esperamos que vos guste!
Bicos Herculinos!!!
domingo, 14 de abril de 2024
LIBROS E CINE
Ola amiguiños e amiguiñas, seguimos coñecendo libros que logo levaron ao cine? Hoxe imos coñecer a " Gordon y Paddy". Gordon é detective, e tamén un vello sapo con ganas de xubilarse. A súa mellor amiga é unha ratiña chamada Paddy, que é a que vai a sustituir a Gordon como detective cando este se xubile.
Xuntos terán que resolver o útimo caso de Gordon, o misterio das landras do esquío desparecido. A Herculina e a min encantounos o conto e temos moitas ganas de ver a película. Se a vedes, xa nos contades!
Bicos Herculinosssss!!!!
xoves, 11 de abril de 2024
VENRES DE CONTO
Ola amiguiños e amiguiños, non quero despedir a semana sen un conto, que xa sabedes canto nos gusta ler. Aquí vos deixo un dos meus favoritos, Elmer.
Gozade moito da fin de semana!
Bicos Herculinos!!!
martes, 9 de abril de 2024
LIBROS E CINE
Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe traio o conto, James y el melocotón gigante. James é un neno que vive cunha tías que son moi moi severas e que lle fan a vida imposible. Pero un día, un extraño personaxe lle agasalla un cornete de boliñas máxicas que fan medrar dun xeito asombroso ao vello pexegueiro do patio, e James, montado nesa inmensa árbore, realiza unha marabillosa viaxe polo mundo enteiro.
Bicos Herculinos!!!!
domingo, 7 de abril de 2024
LIBROS E CINE.
Pero como xa estamos preto da semana do libro e este curso tamén estamos moi cinematográficos, imos coñecer libros que logo convertéronse en películas.